Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Ponteareas Expediente: 8649/2026 Asunto: Contratación do servizo de información e atención ao público na oficina de turismo do Concello de Ponteareas MEMORIA XUSTIFICATIVA Motivación da emisión deste documento: de conformidade cos artigos 1, 28.1 e 116.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), este Concello pode celebrar aqueles contratos que sexan necesarios para o cumprimento e realización dos seus fins institucionais. A natureza e extensión das necesidades do contrato, a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, deben determinarse antes de iniciar o procedemento encamiñado para a súa adxudicación, debendo publicarse no perfil de contratante. Ademais, de conformidade co artigo 28.2 da LCSP, favorecerase a axilización de trámites. Por todo isto, emítese polo Primeiro Tenente de Alcaldesa, na súa condición de órgano de contratación, a seguinte memoria xustificativa respecto da: 1) Necesidade e obxecto do servizo que se pretende contratar 2) Xustificación da insuficiencia de medios 3) División en lotes 4) Competencia 5) Orzamento de licitación e valor estimado 6) Condicións de solvencia e adscrición de medios materiais e persoais 7) Procedemento de adxudicación 8) Criterios de adxudicación 9) Condicións especiais de execución Finalmente, de conformidade coa regra de axilización de trámites, disponse neste documento o inicio do procedemento de contratación, a solicitude de certificado de existencia de crédito e de elaboración de pregos, así como a realización dos trámites que sexan necesarios para aprobar o expediente. Concello de Ponteareas Xardíns da Xiralda s/n, Ponteareas. 36860 (Pontevedra). Tfno. 986640000. Fax: 986660647 RC3W4S5Y3QJ9LLTHE35XXDWY7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 12 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Concello de Ponteareas 1) NECESIDADE E OBXECTO DO CONTRATO A información turística constitúe un servizo de interese público dirixido a facilitar á cidadanía e ás persoas visitantes o coñecemento dos recursos, servizos, actividades e elementos de interese do municipio, contribuíndo á posta en valor do patrimonio cultural, histórico, natural e festivo local, así como á promoción do territorio e da súa actividade económica e social. O Concello de Ponteareas considera necesario garantir unha atención turística continuada, profesional e accesible durante todo o ano, que permita ofrecer información actualizada, orientar ás persoas visitantes e difundir os recursos turísticos do municipio. A prestación deberá adaptarse ás variacións estacionais da demanda, reforzando a cobertura durante o período de maior afluencia de visitantes. A Oficina de Turismo municipal sitúase na Rúa dos Ferreiros, no edificio que alberga a Oficina de Turismo e a Casiña do Corpus, constituíndo o lugar principal de prestación do servizo, sen prexuízo da realización de actividades de promoción turística noutros espazos do termo municipal. O obxecto do contrato é o SERVIZO DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTEAREAS, co alcance e nas condicións establecidos no prego de prescricións técnicas e no prego de cláusulas administrativas particulares. O período previsto de prestación comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2027 ata o 31 de decembro de 2028. O inicio efectivo requirirá a previa adxudicación e formalización do contrato, nos termos

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.