Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
Expediente núm.: 8649/2026 Asunto: Contratación do servizo de información e atención ao público na oficina de turismo do Concello de Ponteareas INFORME DE INSUFICIENCIA DE MEDIOS De conformidade co disposto no artigo 116.4.f) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), emítese o presente informe para xustificar a insuficiencia de medios propios para a prestación directa do servizo de información e atención ao público na Oficina de Turismo municipal, nas condicións previstas na memoria xustificativa e nos pregos que rexen a contratación. O Concello de Ponteareas considera necesario garantir unha atención turística continuada, profesional e accesible durante todo o ano, adaptada ás variacións estacionais da demanda e reforzada durante o período de maior afluencia de visitantes. A prestación desenvolverase principalmente na Oficina de Turismo municipal, situada na Rúa dos Ferreiros, no edificio que alberga a Oficina de Turismo e a Casiña do Corpus, sen prexuízo das actuacións de promoción turística previstas nos pregos noutros espazos do termo municipal. O período previsto de execución comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2027 ata o 31 de decembro de 2028, condicionado o inicio efectivo á previa adxudicación e formalización do contrato, nos termos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares. A cobertura do servizo axustarase aos seguintes réximes:  Período ordinario: do 1 de xaneiro ao 17 de maio e do 1 de setembro ao 31 de decembro de cada anualidade, cunha dedicación de vinte horas semanais, distribuídas en cinco días á semana, e apertura e atención ao público exclusivamente en horario de mañá.  Período reforzado: do 18 de maio ao 31 de agosto de cada anualidade, ambas as datas incluídas, cunha dedicación de corenta horas semanais, distribuídas en cinco días á semana. A apertura diaria comprenderá horario de mañá e de tarde, cun mínimo de trinta horas semanais de atención ao público. O tempo restante destinarase ás tarefas complementarias previstas no prego de prescricións técnicas, sen reducir os horarios obrigatorios de apertura. O servizo comprenderá a atención presencial, telefónica e telemática ás persoas usuarias, a información e difusión dos recursos turísticos, a organización e actualización do material informativo, o rexistro da actividade da Oficina e as demais actuacións de apoio e promoción turística previstas nos pregos. Inclúese, como prestación accesoria, a colaboración e realización material da venda ao público de material turístico, publicitario ou promocional do Concello, conforme aos prezos e ás condicións establecidos por este. O Concello dispón de persoal municipal na súa estrutura organizativa; non obstante, os medios persoais e organizativos actualmente dispoñibles resultan insuficientes para asumir directamente a prestación integral deste servizo co calendario, a dedicación e as condicións de continuidade e Concello de Ponteareas Xardíns da Xiralda s/n, Ponteareas. 36860 (Pontevedra). Tfno. 986640000. Fax: 986660647 C5PMTRRDAQ3LQWXZEM667NN64 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.