Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Expediente núm. 8649/2026 Asunto: Contratación do servizo de información e atención ao público na Oficina de Turismo do Concello de Ponteareas RESOLUCIÓN DO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDESA Consta no expediente a memoria xustificativa asinada o 17 de novembro de 2026 polo primeiro tenente de alcaldesa, na que se acredita a necesidade de contratar o servizo de información e atención ao público na Oficina de Turismo do Concello de Ponteareas. A contratación ten por finalidade garantir unha atención turística continuada, profesional e accesible, así como promover e difundir os recursos turísticos, culturais, históricos, naturais e festivos do municipio. O contrato ten natureza administrativa e cualifícase como contrato de servizos, de conformidade cos artigos 17 e 25 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP). O inicio da prestación está previsto para o 1 de xaneiro de 2027 e a súa finalización para o 31 de decembro de 2028, sen posibilidade de prórroga. Se a formalización se producise despois do 1 de xaneiro de 2027, a prestación comezará na data que se determine na acta de inicio e manterase como data de finalización o 31 de decembro de 2028, nos termos previstos nos pregos. A prestación desenvolverase cunha dedicación ordinaria de 20 horas semanais. Durante o período comprendido entre o 18 de maio e o 31 de agosto de cada anualidade, a dedicación total será de 40 horas semanais, de conformidade co prego de prescricións técnicas. O orzamento base de licitación ascende a 60.000,00 euros, IVE incluído, cunha distribución inicial de 30.000,00 euros para o exercicio 2027 e 30.000,00 euros para o exercicio 2028. O valor estimado do contrato ascende a 49.586,78 euros, IVE excluído. Para o seu cálculo non se prevén prórrogas nin modificacións contractuais. O contrato finánciase integramente con fondos propios do Concello de Ponteareas. Dado que o inicio da súa execución material está previsto para o exercicio 2027 e que a prestación se estenderá ao exercicio 2028, procede a tramitación anticipada do expediente e a autorización do gasto con carácter plurianual, de conformidade co artigo 117.2 e coa disposición adicional terceira, apartado 2, da LCSP, así como co artigo 174 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo. Constan no expediente o informe favorable da Secretaría, do 17 de novembro de 2026, e o informe favorable de fiscalización previa da Intervención municipal, do 18 de novembro de 2026. A competencia para aprobar o expediente corresponde á Alcaldía, de conformidade co apartado 1 da disposición adicional segunda da LCSP. O primeiro tenente de alcaldesa exerce esta competencia por delegación da Alcaldía, ao abeiro do apartado terceiro da Resolución 1 de 3 OTERCED X9FM75EWFESC99LQ2D9CXHEG3 :nóicadilaV .doC 6202/11/81 :ataD 3854-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.