04_PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGOS DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE PONTEAREAS O Concello de Ponteareas, no exercicio das súas competencias en materia de información e promoción da actividade turística de interese e ámbito local, considera necesario garantir a prestación dun servizo adecuado de información e atención ao público na Oficina de Turismo municipal. A actividade turística constitúe un elemento clave para o desenvolvemento económico e social do municipio, contribuíndo á posta en valor do seu patrimonio cultural, histórico, natural e festivo, así como á dinamización do comercio e dos servizos locais. Neste contexto, resulta esencial dispoñer dun servizo de atención turística accesible, profesional e de calidade, que permita ofrecer ás persoas visitantes información actualizada e útil sobre os recursos turísticos do Concello, así como facilitar a súa orientación e mellorar a súa experiencia durante a súa estadía. Así mesmo, a Oficina de Turismo municipal configúrase como un punto de referencia para a cidadanía e para as persoas visitantes, desempeñando unha función fundamental na difusión do destino Ponteareas e na coordinación das actuacións de promoción turística a nivel local. En consecuencia, considérase necesario establecer as condicións técnicas para a contratación dun servizo que garanta a correcta prestación das funcións de información e atención ao público na Oficina de Turismo municipal, nos termos recollidos no presente prego de prescricións técnicas. 1. DESCRICIÓN DO SERVIZO. TRABALLOS A REALIZAR. Traballos a desenvolver:  INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO Considérase necesario garantir un servizo de atención turística de calidade que permita dar resposta ás necesidades das persoas visitantes e usuarias da Oficina de Turismo, facilitando información clara, actualizada e accesible sobre os recursos e servizos do municipio. Para mellorar a experiencia das persoas visitantes e contribuír á posta en valor do destino, resulta fundamental ofrecer unha atención profesional, próxima e eficaz. As funcións do servizo nesta área serán: -Atender de maneira presencial ás persoas usuarias da Oficina de Turismo, ofrecendo información turística sobre o municipio e a súa contorna. 1 de 8 ZLMFJMTG4ZLTTC5WFPP4DKRS3 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 8 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.