03_PCAP_e_anexos.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE PONTEAREAS 1ª XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE E OBXECTO DO CONTRATO. A información turística constitúe un servizo de interese público dirixido a facilitar á cidadanía e ás persoas visitantes o coñecemento dos recursos, servizos, actividades e elementos de interese do municipio, contribuíndo á posta en valor do patrimonio cultural, histórico, natural e festivo local, así como á promoción do territorio e da súa actividade económica e social. Neste ámbito, recoñécese o papel da administración municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento directo da realidade local, como o máis axeitado para prestar un servizo de información turística próximo, accesible e útil, que permita ofrecer orientación sobre o Concello e a súa contorna, así como sobre os principais lugares de interese para visitar, espazos naturais, monumentos, igrexas, museos, exposicións, festas e demais propostas de ocio e turismo da localidade. A Oficina de Turismo municipal do Concello de Ponteareas sitúase na Rúa dos Ferreiros, no edificio que alberga a Oficina de Turismo e a Casiña do Corpus, constituíndo o lugar principal de prestación do servizo. Considérase necesario garantir a prestación do servizo ao longo de todo o ano, cunha dedicación adaptada ás necesidades de atención turística e reforzada durante o período de maior afluencia de visitantes, de conformidade co calendario e cos horarios establecidos no prego de prescricións técnicas. A través deste servizo preténdese garantir unha atención adecuada ás persoas usuarias da Oficina de Turismo municipal, mellorar a calidade da información ofrecida e reforzar a difusión dos recursos turísticos de Ponteareas, favorecendo unha mellor experiencia das persoas visitantes e contribuíndo á dinamización turística do municipio. O obxecto deste contrato é o SERVIZO DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO NA OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTEAREAS, de conformidade co indicado no prego de prescricións técnicas. O servizo comprenderá as funcións de información e atención ás persoas visitantes, promoción e difusión dos recursos turísticos, organización do material informativo e demais actuacións complementarias previstas no prego de prescricións técnicas. Inclúese, como prestación accesoria, a colaboración e realización material da venda ao público de material turístico, publicitario ou promocional do Concello de Ponteareas na Oficina de 1 de 46 7JNXRHM4N77T3KP9GJXTXW6R7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 64 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.