Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Edificio de uso administrativo Avda. da Mariña, 25 (Sada) 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 9816210075 MEMORIA XUSTIFICATIVA 1.Necesidade do contrato A atención temperá constitúe unha intervención de carácter integral destinada á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e ao seu contorno, para dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os menores con trastorno no seu desenvolvemento ou risco de padecelos. A intervención temperá resulta esencial para favorecer o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas, previr ou minimizar situación de risco, mellorar a súa autonomía persoal e facilitar a súa inclusión social, potenciando a súa capacidade de desenrolo e benestar, posibilitando dende a vertente preventiva e asistencial, de forma máis completa, a súa integración no medio familiar, educativo e social. O Concello de Sada considera necesario garantir a continuidade e adecuada prestación deste servizo no ámbito municipal, dada a importancia que ten para a atención das necesidades dos menores e das súas familias. A necesidade da contratación deriva da obriga de garantir unha atención especializada, continuada e de calidade, mediante un equipo profesional interdisciplinar formado por psicóloga/o, terapeuta ocupacional e logopeda, con formación e experiencia específica no ámbito do desenvolvemento infantil e da atención temperá. O Concello non dispón de medios humanos para a súa execución xa que non hai persoal cualificado no cadro de persoal que poida adscribirse a este servizo, polo que debe acudirse a unha contratación externa. 2.Obxecto do contrato O obxecto do presente contrato é a prestación do Servizo de Atención Temperá do Concello de Sada, dirixido á poboación infantil de cero a seis anos, ás súas familias e ao seu contorno,mediante o desenvolvemento dun conxunto de actuacións de prevención, detección, avaliación e intervención orientadas a dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos. 1.- Valoración inicial: Recollida da información: O primeiro contacto será coa familia recollendo información sobre as expectativas da familia, as dificultades e os antecedentes familiares e persoais do neno(a, a través da entrevista, para realizar posteriormente unha valoración inicial e propor o recurso máis axeitado Recollida sistemática de información: a través de acadar a documentación necesaria e complementaria que serva para o estudio da situación da familia /lag.adas.edes//:sptth .omsinagrO od acinórtcelE edeS an elbacifireV HqAr9sl0dlwwZRjc7NDo :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.