Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Sada Expediente: 2026/C004/000004 Obxecto: contratación do Servizo de Atención Temperá do Concello de Sada. MEMORIA XUSTIFICATIVA COMPLEMENTARIA Xustificación dos elementos do PCAP do contrato do Servizo de Atención Temperá Emítese a presente memoria complementaria para deixar expresamente motivadas a elección da tramitación e do procedemento, os criterios de selección e solvencia, os criterios de adxudicación e o prazo de presentación de ofertas, aos efectos dos artigos 28, 99, 116.4, 145 e concordantes da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), atendendo as observacións formuladas no informe de Intervención de 15 de outubro de 2026 1. Necesidade e idoneidade da contratación A contratación ten por obxecto garantir a continuidade e adecuada prestación do Servizo de Atención Temperá municipal, dirixido á poboación infantil de cero a seis anos, ás súas familias e ao seu contorno. Trátase dunha intervención especializada de prevención, detección, valoración e tratamento dos trastornos do desenvolvemento ou das situacións de risco, que procura favorecer a autonomía persoal, o benestar e a inclusión familiar, educativa e social dos menores. A prestación require un equipo interdisciplinar integrado por profesionais de psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional, con formación específica e coordinación entre si e cos servizos municipais, educativos e sanitarios. O Concello non dispón de persoal cualificado suficiente para asumir directamente a prestación, polo que a contratación externa resulta necesaria e idónea para garantir a atención especializada e continuada. O obxecto e as prestacións concretas quedan definidos no PCAP e no prego de prescricións técnicas. 2. Xustificación da non división en lotes Mantense a configuración do servizo como prestación única e integral, ao abeiro do artigo 99.3.b) da LCSP. A atención temperá require unha intervención coordinada e interdisciplinar, cunha planificación compartida dos casos, valoracións e tratamentos e unha interlocución común coas familias e cos servizos municipais, educativos e sanitarios. A división por disciplinas podería fragmentar a planificación e o seguimento dos menores, dificultar a coordinación /lag.adas.edes//:sptth .omsinagrO od acinórtcelE edeS an elbacifireV UJDlrpLXE3VlSnp/jaFv :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.