Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Edif. Municipal de Uso Adm. Avda. da Mariña, 25 (Sada) 15160 Sada (A Coruña) Tfno.: 981 62 00 75 Fax: 981 62 12 74 https://sede.sada.gal CONCELLO DE SADA Exp. 2026/G007/000017 CERTIFICACIÓN JUAN ESTEBAN MÉNDEZ LEIVA, SECRETARIO ACCTAL. DO CONCELLO DE SADA (A CORUÑA), CERTIFICO: Que a Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 5 de novembro de 2026 adoptou, entre outros, o acordo que a continuación se transcribe literalmente na súa parte dispositiva: «2.º Aprobación do expediente de contratación do Servizo de atención Temperá 1º.- Aprobar o expediente de contratación por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, do Servizo de Atención Temperá, cun orzamento base de licitación total de 347.890,21 € e un valor estimado de 521.835,31 €, por considerar claramente determinadas naquel a natureza e extensión das necesidades correspondentes e a idoneidade do contrato para satisfacelas, así como xustificados no mesmo tanto a elección do procedemento de adxudicación como os demais extremos que establece o artigo 116 da Lei de Contratos do Sector Público. 2º.- Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas que rexerán a dita contratación. 3º.- Autorizar o gasto con cargo ás partidas 2310.22799 do vixente Presuposto municipal, asumindo o compromiso e obriga de consignar nos sucesivos exercicios orzamentarios ata a conclusión do contrato, os créditos nas contías suficientes para facer fronte ás obrigas contractuais. 4º.- Dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación mediante publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante do Concello, para a presentación de propostas durante o prazo establecido no prego de 15 días naturais a partir da publicación do anunción de licitación no perfil do contratante. 5º.- A Mesa de Contratación estará constituída polos seguintes membros: Presidenta: Maite Sío Docampo, Educadora social do Concello de Sada Vogais: Mª del Carmen Seoane Bouzas, Secretaria Xeral da Corporación (ou quen se nomee como accidental) Jaime Presas Beneyto, Interventor (ou quen se nomee como accidental) Secretario/a: Un funcionario/a adscrito/a á Secretaría: María Belén Novo Reimúndez (ou outro funcionario/a) 6º.- Designar como responsable do contrato a Maite Sío Docampo, Educadora social do Concello de Sada, quen corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización do mesmo, dentro do ámbito de facultades que lle atribúe o Prego de cláusulas administrativas particulares». _________________________ E para que conste e para os efectos oportunos expido esta certificación asinada dixitalmente en soporte electrónico, a reserva dos termos que resulten da aprobación da acta correspondente, co visado do alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, o 5 de novembro de 2026. Documento electrónico asinado dixitalmente do que se garante a súa integridade mediante o seu cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe (artigo 42.b da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público). Documento electrónico firmado digitalmente del que se garantiza su integridad mediante su cotejo en la Sede Electrónica de este Organismo con el Código de Verificación Digital (CVD) especificado al margen (artículo 42.b de la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de régimen jurídico del Sector Público). /lag.adas.edes//:sptth .omsinagrO od acinórtcelE

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.