Decreto.
Á vista da necesidade de contratar a xestión do servizo de: servizo de asesoramento xurídico
urbanístico, estimándose nunha duración inicial de dous anos, con posibilidade de prórroga por
un ano máis, iniciouse o expediente de contratación, ao que incorporouse a documentación
prevista no artigo 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en
adiante LCSP).
A necesidade que se trata de satisfacer é o servizo de asesoramento xurídico urbanístico posto
que no concello, no cadro de persoal, non existe a praza correspondente de persoal municipal
para atender as funcións de asesoramento xurídico urbanístico que require este servizo e o
contrato anterior está a piques de rematar.
Visto que con data 15.10.2026 por providencia desta alcaldía dispúxose iniciar o expediente
para a contratación sinalada, motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta,
por procedemento aberto previsto no artigo 156 da LCSP, con varios criterios de adxudicación,
e cun valor estimado (prezo sen IVE máis o importe da posible prórroga) de: 26.280,99 euros, e
un prezo base de licitación de: 21.200,00 euros, IVA incluído, polos dous anos.
Visto o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas asinados por
esta alcaldía con data 15.10.2026, que se incorporou ao expediente e que ha rexer na
adxudicación do contrato.
Vistos os informes preceptivos de secretaría e de intervención, e de conformidade co
establecido na Disposición Adicional Segunda e o artigo 117 da LCSP, resolvo:
1º) Aprobar o expediente de contratación mediante procedemento aberto do contrato de
servizos de: servizo de asesoramento xurídico urbanístico, ao abeiro do establecido no artigo
156 da LCSP.
2º) Autorizar o gasto desta anualidade con cargo á aplicación: 151.22799 do orzamento de
2026, onde existe crédito retido por intervención, adoptando o compromiso de consignar nos
orzamentos seguintes os créditos necesarios para facer fronte aos gastos derivados desta
contratación. En consecuencia, o compromiso de gasto para exercicios futuros queda sometido
á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no exercicio
correspondente, circunstancia que debe ter en conta en todo caso o contratista.
3º) Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerá
o contrato de servizos que consta no expediente.
4º) Realizar a licitación mediante publicación de anuncio no perfil de contratante do concello,
debendo presentarse as ofertas única e exclusivamente de forma electrónica, a través da
Plataforma de Contratación do Sector Público estatal na que se encontra integrado o perfil de
contratante do concello.
/gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth
.omsinagrO
led
acinórtcelE
edeS
al
ne
elbacifireV
meaOs+PdyJ6adNCakCx7
:DVC
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.