ACTA 3ª DE ESTUDO DE DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA AO CLASIFICADO EN
PRIMEIRO LUGAR E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO
CON VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE: ASESORAMENTO
XURÍDICO EN MATERIA DE URBANISMO DO CONCELLO DE BRIÓN.
Asistentes:
Presidente: Pablo Lago Sanmartín, alcalde.
Vogais:
-. Javier Nieves González, secretario.
-. Luis Taboada Hervella, interventor.
Secretario: Julio Mallo Nieto, informático municipal.
Non asiste: Mª Dolores Torrado Ares, técnica de administración local, por estar de permiso.
Sendo as 13,45 horas do día 20 de novembro de 2026 constituíuse a Mesa de Contratación
Permanente do Concello, composta na forma sinalada, para proceder ao exame da
documentación achegada pola empresa clasificada en primeiro lugar do expediente de servizos
referenciado, ao obxecto de comprobar que a mesma achega toda a documentación requirida
pola Mesa de Contratación e que cumpre os requisitos necesarios para propor ao órgano de
contratación a adxudicación do contrato.
A través da Plataforma de Contratación do Sector Público a empresa presentou en prazo a
documentación requirida.
Logo da análise da documentación por parte da Mesa de Contratación esta acorda que a
empresa presenta toda a documentación requirida en prazo e de maneira correcta polo que
considera que cumpre cos requisitos necesarios para que lle sexa adxudicado este contrato.
Á vista do exposto a Mesa de Contratación por unanimidade, acorda:
1º) Propoñer a adxudicación do contrato a CARLOS ABAL LOURIDO, polo prezo de: 20.328,00
euros, IVE incluído, polos dous anos de duración do contrato; unha presencia de letrado nas
dependencias municipais de: 12 horas á semana, asistencia ás mesas de contratación e
compromiso de formación, por ser a empresa que presentou a mellor oferta en aplicación dos
criterios de adxudicación previstos nos pregos.
Remata o acto sendo as 14,05 horas.
Non formulándose reclamación de ningún tipo, esténdese a presente acta que logo da súa
lectura, asina a Mesa de Contratación en proba de conformidade, do que como secretario,
certifico.
1
/gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth
.omsinagrO
led
acinórtcelE
edeS
al
ne
elbacifireV
91Ch9Xi8OC/TotGIBudi
:DVC
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.