Providencia de inicio.
Visto o disposto no artigo 116.4.f) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector
Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento
Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en adiante
LCSP), que establece que cando se faga necesario celebrar un contrato de servizos,
previamente deberase xustificar adecuadamente no expediente a insuficiencia de medios.
Visto que no cadro de persoal, non existe a praza correspondente de persoal municipal para
atender as funcións de asesoramento xurídico urbanístico que require este servizo.
Vista a insuficiencia de medios persoais para a prestación do servizo, se considera conveniente
prestar o servizo a través dunha empresa, o que se considera que redundará nunha maior
flexibilidade e axilidade á hora de prestar o servizo.
Considerarase como procedemento máis axeitado para a súa adxudicación o procedemento
aberto previsto no artigo 156 da LCSP, con varios criterios de adxudicación, e cun valor
estimado (prezo sen IVE máis o importe da posible prórroga dun ano) de: 26.280,99 euros, e
un prezo base de licitación de: 21.200 euros, IVA incluído, polos dous anos.
Consonte á Disposición Adicional segunda da LCSP, o prego de cláusulas administrativas
particulares deberá ser informado pola secretaría e pola intervención con carácter previo á súa
aprobación, polo que dispoño:
1º) Iniciar o procedemento de adxudicación do contrato de servizos de: Asesoramento xurídico
urbanístico, por procedemento aberto previsto no art. 156 da LCSP.
2º) Que se redacten os correspondentes pregos de cláusulas administrativas particulares e de
prescricións técnicas que han rexer o contrato e o proceso de adxudicación.
3º) Que se incorporen ao expediente os preceptivos informes xurídicos de secretaría,
fiscalización do gasto e certificado de existencia de crédito de intervención.
4º) Completo o expediente déase conta a esta alcaldía para a adopción da resolución que
proceda.
/gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth
.omsinagrO
led
acinórtcelE
edeS
al
ne
elbacifireV
8HUZTMSHks9i2k7drWCg
:DVC
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.