nota aclaratoria informe comite expertos Lote 4

Otros Documentos Ver licitación
https://sede.dacoruna.gal/valdoc?c=6e456db36765af5059d495e41c40cce667b2cd3f CARLOS HERVELLA COUCEIRO JAVIER VARELA CARRO Validación de documentos: Data e hora: 19/11/2026 13:50 Data e hora: 19/11/2026 13:49 https://sede.dacoruna.gal/valdoc Código: 6e456db36765af5059d495e41c40cce667b2cd3f SERVIZO DE PATRIMONIO E CONTRATACIÓN PCO.001.2025.00392 NOTA ACLARATORIA DO COMITÉ DE EXPERTOS SOBRE ERRO MATERIAL NO INFORME DE AVALIACIÓN DA FASE I (LOTE Nº 4) DAS OFERTAS PRESENTADAS Contratación por lotes do servizo para a execución dos itinerarios de inserción laboral: deseño, organización e desenvolvemento das xornadas de activación e información para o emprego e posta en marcha e execución das actividades complementarias específicas do proxecto PEL ACTIVA (Código de Proxecto: CP 2025.3.81000.1) Lote nº 4: Xornadas de Activación e Información para o emprego, Accións complementarias específicas. En relación co Informe do Comité de expertos sobre a valoración da fase I das ofertas presentadas, asinado electronicamente o 18 de novembro de 2026, faise constar que se detectou un erro material de transcrición na puntuación parcial asignada á empresa licitadora MAGNAFOR QUALITAS, S.L. no Criterio 7 ("Plan de seguros para as persoas participantes"). Concretamente, nas táboas de desagregación e resumo de puntuacións —recollidas no Apartado IV. Valoración e puntuación dos criterios de valoración dos apartados 2 a 7 e na táboa resumo das avaliacións do Apartado V figura por erro unha puntuación parcial de 0,04 puntos, cando a puntuación correcta outorgada por este Comité é de 0,40 puntos. Déixase expresa constancia de que este erro material de transcrición non altera a puntuación total final obtida pola empresa Magnafor Qualitas, S.L. na Fase I, que ascende a 39,90 puntos (resultado da suma exacta das súas puntuacións parciais correctas: 17,50 + 9,50 + 5,90 + 1,90 + 1,70 + 3,00 + 0,40 = 39,90 puntos), nin afecta á orde de clasificación nin á superación do limiar mínimo esixido para pasar á Fase II. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos de incorporación ao expediente de contratación. A Coruña, na data da sinatura electrónica. O COMITÉ DE EXPERTOS • Javier Varela Carro (Xefe de Sección de Formación) • Carlos Hervella Couceiro (Xefe de Sección de Planificación RRHH)