Actos públicos informativos o de aperturas de ofertas

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> ## Expediente 308/2026 - Servizos\_Contratación servizo limpeza gardaría "Galiña Azul". ## ASUNTO: Contrato servizos 'Limpeza escola Infantil' ## DECRETO Visto que en data 7 de abril de 2026 por Decreto de Alcaldía aprobouse o prego de cláusulas adminsitrativas, para proceder a contratación do servizo de limpeza da 'Galiña Azul'. Visto que ampliouse o prazo, xa que no expediente aprobado non se incluira o cadro de subrogación de personal e atendendo que se facilitou está información, cando xa estaba aberto o proceso de licitación para presentación de ofertas, considerouse polo órgano de contratación a ampliación de prazo para presentación de propostas polos licitadores. Visto que o 5 de maio de 2026, rematou o prazo de presentación de ofertas. Visto que non se puido convocar antes a Mesa de Contratación, derivado de que non había quorum para constituir a mesma, por vacacións do personal. Examinada a documentación que obra no expediente, de conformidade co establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, RESOLVO: PRIMEIRO .- Estabrecer como data para abrir o ARQUIVO A correspondente ao expediente referenciado: Venres, 15 de maio ás 13,00 horas. SEGUNDO .- Convocar á Mesa de Contratación, nas Oficinas da planta baixa, para proceder á apertura do Sobre TERCEIRO .- Dar conta desta decreto ao Pleno da Corporación. DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE. <!-- image -->