Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Secretaría Email: secretaria@viveiro.gal Dª. MARÍA LUZ BALSA RÁBADE, SECRETARIA XERAL DO CONCELLO DE VIVEIRO CERTIFICA: Que na sesión ordinaria celebrada polo Pleno da Corporación en data 2 de novembro de 2026, adoptouse, entre outros, o seguinte acordo que, literalmente transcrito, di: “PROPOSTA DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA O “SERVIZO INTEGRAL DE TELEFONÍA E COMUNICACIÓNS DO CONCELLO DE VIVEIRO”. (EXPTE.-2536/2026) Visto o expediente tramitado para a aprobación do expediente de contratación para o “Servizo Integral de Telefonía e Comunicacións do Concello de Viveiro”. Vista a documentación e informes obrantes no expediente. Resultando que este asunto foi ditaminado favorablemente pola Comisión Informativa de Desenvolvemento Local. Vista a proposta, que se transcribe deseguido: “PROPOSTA DE ACORDO AO PLENO DO CONCELLO DE VIVEIRO MARIA CARMEN GUEIMUNDE GONZÁLEZ, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE VIVEIRO, De conformidade coa Providencia do 9 de outubro do 2026 tramitouse polas áreas correspondentes do Concello de Viveiro a documentación necesaria para a licitación do contrato para o Servizo Integral de Telefonía, Internet e Telecomunicacións do Concello. O expediente que se eleva ao órgano de contratación correspóndese cun servizo esencial para a actividade administrativa do Concello de Viveiro, estreitamente vencellado á administración electrónica. Figura no expediente a memoria xustificativa do contrato, os pregos de cláusulas administrativas particulares e o prego de condicións técnicas particulares que han de rexer a presente contratación. Visto o informe xurídico de Secretaría e visto o informe favorable de fiscalización previa, emitido polo órgano interventor. Esta Alcaldía, eleva ao Pleno do Concello de Viveiro a seguinte PROPOSTA DE ACORDO: 1. Aprobar o expediente de contratación para o “servizo integral de telefonía, internet e telecomunicacións do Concello de Viveiro” a licitar mediante procedemento aberto suxeito a regulación armonizada e tramitación ordinaria, cun orzamento base de licitación de 326.700,00 €, IVE engadido, así como a aprobación do gasto. 2. Adquirir o compromiso, supeditado a dispoñibilidade orzamentaria e ao cumprimento dos principios de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financieira, de incluír nos orzamentos das anualidades 2027 a 2032 as cantidades que se indican no cadro anterior e cuxa suma ascende a 326.700,00 € 3. Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da adxudicación do contrato de data 30 de outubro de 2026 con CSV 33ZJ7DPAGWAPLKNEQ5GK34PDJ, e rexerá como prego de prescricións técnicas o prego de prescricións técnicas particulares de 26 de outubro de 2026 con CSV 6GW9YTYADRX2MAHN6WTPAAQXL. 4. Delegar na Alcaldía do Concello de Viveiro os restantes trámites que como órgano de contratación proceda realizar no presente expediente. 5. Nomear coma responsable do contrato á persoa que desempeñe o posto de Informático no Concello de Viveiro. 1 Praza Maior, 1 27850-Viveiro (Lugo) Tel.:982560128 Fax:982561147 Email: concello@viveiro.gal ONELP SODACIFITREC RXZXKGYQWGKSHRT4PG7QWF5M3 :nóicadilaV .doC 6202/11/40 :ataD 9410-6202 :oremúN /se.acinortceledes.orieviv//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.