MEMORIA JUSTIFICATIVA.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Concello de Viveiro EXPEDIENTE 2563/2026 CONTRATO PARA O SERVIZO INTEGRAL DE TELEFONÍA, INTERNET E COMUNICACIÓNS DO CONCELLO DE VIVEIRO En virtude do disposto no artigo 116.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP), redáctase a presente memoria xustificativa do contrato referido. 1. Xustificación da necesidade do contrato. O contrato de servizos integrais de telefonía, internet e comunicacións do Concello de Viveiro atopa encaixe nunha ferramenta imprescindible para a súa labor administrativa, vencellada a administración dixital. Así, o concello necesita contar cunha rede de conexións (telefonía, internet e comunicacións), áxil, que permita traballar en oficinas e edificios municipais conforme ás esixencias actuais de administración electrónica. Este servizo constitúe unha necesidade esencial e básica desta e das demais administracións públicas territoriais. 2. Necesidade da administración á que se lle da satisfacción. A necesidade desta entidade é ter conectividade de redes e comunicacións para a actividade administrativa e institucional. 3. Xustificación da non división en lotes do contrato. Enténdese que NON procedería a división en lotes por razón de incompatibilidade técnica, dado que o obxecto do contrato constitúe unha unidade funcional inseparable, que non posibilita a súa división. Estamos, por tanto, ante unha das causas recollidas no artigo 99.3 LCSP. 4. Insuficiencia de medios. O Concello de Viveiro non pode dotarse destes medios sen acudir aos operadores de redes existentes no mercado. 5. Memoria económica do contrato. Para a determinación das magnitudes deste contrato público realízase unha análise de custos e unha integración de prezos de mercado replicables de escenarios recentes e precedentes no mercado. Partimos da base de que se tramita un contrato cun horizonte de 5 anos, o que implica que o prazo de amortización de custes ofrece maior seguridade ante imprevistos, cunha potenciación da marxe comercial e minoración de custes relativos a imprevistos técnicos. Para os custes, tense en conta especialmente o que segue: 1) Custes Directos de Execución. De forma xeral, e sendo o máis relevante estímase o custe de conectividade e rede corporativa do Concello de Viveiro. Tamén se contemplan os gastos SW5Q3KLGCP5XZZM5D6ST3KRW6 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.orieviv//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.