Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
PMC/rcr MEMORIA XUSTIFICATIVA DA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE PRODUCIÓN E MONTAXE DO PROGRAMA +CONVIVIR NO ANO 2026 Exp. núm.: 2026029061 1. Antecedentes: A presente Memoria emítese ao abeiro do artigo 116.4 da LCSP e en referencia ao establecido na providencia de inicio do servizo solicitante (CSV: RPLYCHKST3LJFU4J). O servizo de Contratación elaborou borrador de prego de cláusulas económico-administrativas con CSV: KBN1WRFNX1JN7JI8, que se remitiu para informe da Secretaría. Con data 21/04/2026, emítese informe complementario por parte do servizo de Cooperación (CSV: 085TMU71QL9O639H). Posteriormente, remítese o borrador de PCAP a informar pola Intervención e coas súas observacións, o servizo xestor emite unha nova providencia, con CSV: YQAWYXLQEAVOVYB9, para a corrección de erros. Con data 16/06/2026, o xefe do servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio emite dilixencia para a xustificación do cambio de CPV, deixando o contrato de estar calificado como servizo dos definidos no Anexo IV (art. 17 da LCSP). Tras informes favorables emitidos pola Secretaría e a Intervención, o prego administrativo definitivo que se elevará ao órgano de contratación para a súa aprobación o documento con CSV: Y7F9IL2IEGRG89FM 2. Servizo solicitante: Cooperación cos municipios 3. Necesidade e idoneidade do contrato: A Deputación de Pontevedra, de acordo coas competencias atribuídas entre outros nos artigos 31.2 e 36.1.d) da Lei /1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, pretende desenvolver e promocionar a través da área de Acción Comunitaria un conxunto de iniciativas e proxectos dirixidos ás comunidades e colectivos veciñais que conforman o tecido asociativo MEMORIA XUSTIFICATIVA_2.1 1 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):K7BL8B2W85S25NME do territorio provincial para abordar de maneira conxunta os retos sociais da nosa provincia, buscando mellorar e satisfacer as relacións e condicións de vida da veciñanza a través da realización de actividades lúdico-formativas que promovan a adquisición de competencias, habilidades e destrezas que faciliten a dinamización e a convivencia veciñais. Por tanto, entre os obxectivos perseguidos atópanse os seguintes: • Potenciar as relacións e a comunicación interveciñais. • Facilitar a participación social á veciñanza máis illada. • Contribuír á conexión e convivencia veciñal xeral, evitando calquera tipo de exclusión. • Potenciar a capacidade de xestión e participación do tecido asociativo nos distintos ámbitos de actuación. • Contribuír á mellora da calidade de vida local. • Fomentar e dinamizar o asociacionismo e o desenvolvemento comunitario. • Contribuír á implantación homoxénea en todo o territorio provincial de servizos comunitarios básicos • Impulsar a vertebración do territorio, garantindo o equilibrio e a cohesión territorial, desde o punto de vista da funcionalidade e a ampliación das posibilidades vitais para a poboación. • Garantir a igualdade no acceso a servizos e oportunidade. • Favorecer a funcionalidade territorial. • Reducir a vulnerabilidade socio-territorial. • Mellorar a relación e interaccións entre o medio urbano e rural. • Mellorar a calidade de vida do medio rural e barriadas urbanas. • Incorporar fórmulas novas, innovadoras e transformadoras para activar as oportunidades no territorio. No marco das competencias da área de Acción Comunitaria e atendendo á necesidade de

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.