Informe sobre las ofertas incursas en presunción de anormalidad

Otros Documentos Ver licitación
EXPEDIENTE 2026029061 ASUNTO Xustificación oferta incursa en presunción de anormalidade TRÁMITE Informe técnico relativo á xustificación de oferta incursa en presunción de anormalidade presentada pola empresa DIBAY EVENTOS SOCIEDAD LIMITADA no procedemento aberto para a adxudicación do "SERVIZO DE PRODUCIÓN E MONTAXE DO PROGRAMA +CONVIVIR 2026-2027". Recibida a solicitude de informe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio relativa á xustificación dunha oferta con valores anormais ou desproporcionados presentada pola empresa DIBAY EVENTOS SOCIEDAD LIMITADA, no marco do procedemento de contratación do “servizo de produción e montaxe do programa +CONVIVIR 2026-2027”, e examinada a documentación achegada pola devandita empresa en datas 17/07/2026 e 22/07/2026 a través dos rexistros WEB2026059439 e WEB2026060222, emítese o seguinte INFORME De conformidade co disposto no artigo 149 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, procédese á análise da xustificación presentada pola empresa en relación coa súa oferta económica. A empresa xustifica a súa oferta económica baseándose nos seguintes puntos: 1. A oferta presentada responde á estrutura habitual de custos da empresa. 2. O material técnico incluído na oferta económica é propiedade da empresa. 3. A empresa dispón dun volume suficiente de equipamento para atender simultaneamente varios eventos. 4. Os equipos técnicos atópanse plenamente amortizados. 5. A empresa dispón de persoal estable suficiente. 6. A empresa posúe experiencia previa na execución do programa +Convivir (edicións 2024 e 2025). 7. A empresa dispón de procedementos internos de planificación que optimizan recursos. 8. A flota de vehículos precisa para a execución do contrato é propiedade da empresa. 1/3 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):PIVA0L9FI91FQ68S 9. Os importes ofertados axústanse ás tarifas habituais aplicadas en contratos de características similares. A continuación realízase unha análise da xustificación da oferta económica presentada: 1. A xustificación económica susténtase nunha estrutura de custos optimizada e consolidada, baseada fundamentalmente na utilización de medios propios (materiais, técnicos e humanos), o que permite reducir ou eliminar custos asociados á subcontratación, alugueiro de equipamentos e intermediación con terceiros. Neste sentido, a estrutura de custos presenta unha elevada proporción de custos fixos previamente absorbidos, reducindo o peso dos custos variables imputables ao contrato. 2. Os equipos técnicos atópanse plenamente amortizados dentro do plan de investimentos da empresa, polo que os custos repercutidos na oferta corresponden fundamentalmente a custos directos de explotación (transporte, consumo de combustibles, mantemento, preparación técnica e operación). Así mesmo, os custos de mantemento da maquinaria e da frota de vehículos están integrados na estrutura ordinaria da empresa, sen necesidade de imputación de custos adicionais de adquisición ou financiamento. 3. En relación cos recursos humanos, a dispoñibilidade de persoal propio cualificado e a planificación estable dos equipos de traballo permiten minimizar custos laborais variables, reducindo a necesidade de contratacións eventuais e optimizando a produtividade. Esta organización contribúe á diminución de custos indirectos e de coordinación.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.