Actos públicos informativos o de aperturas de ofertas

Otros Documentos Ver licitación
Don Pablo Montero Carrera, Secretario da Mesa de Contratación da Deputación de Pontevedra C E R T I F I C A: Que na sesión da Mesa de Contratación da Deputación de Pontevedra celebrada o día 17 de xullo de 2026, e segundo resulta do borrador da acta correspondente, e coa salvidade que establece o artigo 206 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986, aprobado por R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, adoptouse, entre outros, o seguinte acordo: Asunto: Apertura electrónica dos sobres "A", correspondentes á documentación administrativa, do procedemento aberto convocado para a contratación do servizo de producción e montaxe do programa +CONVIVIR 2026-2027 (Expte.- 2026029061). O Secretario da Mesa de Contratación informa que, por acordo de Xunta de Goberno, adoptado na sesión do día 26 de xuño de 2026, aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de producción e montaxe do programa +CONVIVIR 2026-2027. O anuncio de licitación deste contrato publicouse no Perfil do Contratante da Deputación de Pontevedra, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público con data 26/06/2026. Así mesmo, publicáronse na mesma data os pregos de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas deste procedemento aberto. O Secretario informa que a presentación de ofertas realizouse a través da Plataforma de Contratación do Sector Público que xera, en cada procedemento de licitación, un certificado dixital que se utiliza para cifrar todas as ofertas presentadas polos licitadores. O Secretario da Mesa de Contratación accede á plataforma mediante as súas claves persoais, quedando garantidas todas as súas actuacións mediante o uso de selos de validación cronolóxica (selos de tempo), e a continuación procédese á desencriptación e descarga da documentación dos sobres correspondente á documentación administrativa e ofertas presentadas polas empresas ó devandito procedemento. Unha vez descargada a documentación administrativa, a Mesa de Contratación acorda admitir a seguinte empresa: 1. Dibay Eventos S.L.U. (CIF: B94196276) E para que conste, esténdese a presente, en Pontevedra, na data que figura á marxe. Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):UKDTDVGWAPWTM0EU