Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 26 de xuño de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 15.37325.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE PRODUCIÓN E MONTAXE DO PROGRAMA +CONVIVIR 2026-2027. (EXPTE. 2026029061) Resultando.- Que a Deputación de Pontevedra, de acordo coas competencias atribuídas entre outros nos artigos 31.2 e 36.1.d) da Lei /1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, pretende desenvolver e promocionar a través da área de Acción Comunitaria un conxunto de iniciativas e proxectos dirixidos ás comunidades e colectivos veciñais que conforman o tecido asociativo do territorio provincial para abordar de maneira conxunta os retos sociais da nosa provincia, buscando mellorar e satisfacer as relacións e condicións de vida da veciñanza a través da realización de actividades lúdico-formativas que promovan a adquisición de competencias, habilidades e destrezas que faciliten a dinamización e a convivencia veciñais. No marco das competencias da área de Acción Comunitaria e atendendo á necesidade de levar a cabo actividades para fomentar o dinamismo asociativo da provincia, co obxectivo de redundar nunha mellora efectiva da calidade de vida veciñal, proponse levar a cabo unhas xornadas de convivencia con actividades destinadas ós veciños de todos os concellos da provincia de Pontevedra, co obxecto de permitir a interacción entre persoas do ámbito preferentemente rural, normalmente de idade avanzada e que soen vivir illados. Estas xornadas concíbense como instrumento para dinamizar a interrelación entre as comunidades veciñais e fortalecer o dinamismo do tecido asociativo, que amosou un alto grao de interese en participar nas iniciativas comunitarias levadas a cabo ata o momento. Este alto grao de interese amosado e contrastado coa alta participación nos plans e programas de Acción Comunitaria levados a cabo ata o momento estímase que repercuta positivamente na ampla difusión das iniciativas de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra, á par que xustifica a utilidade e o impacto positivo no territorio deste tipo de iniciativas. Resultando.- Que para a realización das accións concretas que se desenvolverán nas xornadas, requírese dispoñer de cadeiras para acomodar ós participantes, dispoñer dun escenario adecuado para impartir as conferencias, mobiliario adecuado para acomodar o espazo (tarimas, separadores, etc.), equipamento de luz e son axeitados, así como prestar o servizo de produción, coordinación e montaxe necesario para o normal desenvolvemento das xornadas. Xunta de Goberno 26/06/2026 Páx. 1 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):CX2Z9DWFW6PRTV0M

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.