Informe xustificativo de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
Expediente: 7960/2026 Procedemento: PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DE COLEXIOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS INFORME XUSTIFICATIVO DE INSUFICIENCIA DE MEDIOS De conformidade co disposto no artigo 116.4.f) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), cando resulte necesaria a celebración dun contrato de servizos deberá xustificarse previamente e de maneira adecuada no expediente a insuficiencia de medios propios para a súa execución. Neste sentido, concorren as seguintes circunstancias: O Concello de Ponteareas ten atribuída a competencia de conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil e primaria, de conformidade co artigo 25.2.n) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e coa normativa sectorial educativa aplicable. Para o adecuado exercicio desta competencia, resulta necesario garantir a prestación continuada do servizo de limpeza e desinfección das instalacións dos seguintes centros educativos:  CEIP Fermín Bouza Brey, de Ponteareas.  CEIP As Veigas, de Ponteareas.  CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas.  CEIP Feliciano Barrera, de Guláns.  CEIP Santiago de Oliveira, de Santiago de Oliveira. O Concello de Ponteareas non dispón na actualidade de persoal municipal suficiente nin especificamente destinado a asumir de forma directa, continuada e eficaz a totalidade das tarefas de limpeza e desinfección destes cinco centros educativos, tendo en conta a dimensión das instalacións, a distribución territorial dos edificios, as necesidades específicas de cada centro e as frecuencias de limpeza requiridas. De acordo coa memoria xustificativa do expediente, a prestación do servizo require unha dedicación total estimada de 415 horas semanais, equivalentes a 1.660 horas 1 de 3 FPNAFX3HJG6H32Z9L2NKPG523 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD mensuais, distribuídas entre os cinco centros educativos, durante os dez meses anuais de actividade escolar. Esta carga de traballo esixe dispoñer dunha dotación estable e suficiente de persoal especializado, así como dos medios materiais, maquinaria, produtos de limpeza e desinfección e sistemas de organización e supervisión necesarios para garantir a correcta prestación do servizo. Así mesmo, a natureza das instalacións educativas, destinadas principalmente á atención de alumnado de educación infantil e primaria, require manter unhas condicións especialmente adecuadas de hixiene, salubridade e seguridade, mediante actuacións periódicas de limpeza e desinfección de aulas, corredores, escaleiras, aseos, despachos, zonas administrativas, espazos comúns e demais dependencias incluídas no ámbito do contrato. As actividades, horarios e frecuencias das prestacións previstas, tal e como se recollen na memoria xustificativa e se concretarán no correspondente prego de prescricións técnicas, non poden ser asumidas polo persoal municipal existente sen menoscabo do correcto desempeño das súas funcións propias e das restantes obrigas de mantemento e conservación das instalacións e servizos municipais. Ademais, a prestación deste servizo require garantir a cobertura das ausencias do persoal por vacacións, permisos, incapacidade temporal ou outras circunstancias, así

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.