Memoria xustificativa

Otros Documentos Ver licitación
Expediente: 7960/2026 Asunto: PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DE COLEXIOS DO CONCELLO DE PONTEAREAS MEMORIA XUSTIFICATIVA Motivación da emisión deste documento: De conformidade co disposto nos artigos 1, 28 e 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP), as entidades do sector público poderán celebrar os contratos que resulten necesarios para o cumprimento e a realización dos seus fins institucionais, debendo determinarse, con carácter previo ao inicio do procedemento de adxudicación, a natureza e extensión das necesidades que se pretenden satisfacer, así como a idoneidade do obxecto e contido do contrato para dar resposta a estas. Neste sentido, o Concello de Ponteareas considera necesaria a contratación do servizo de limpeza e desinfección dos centros públicos de educación infantil e primaria de titularidade municipal, co obxectivo de garantir unhas condicións adecuadas de hixiene, salubridade, seguridade e conservación das instalacións educativas, asegurando a continuidade e a correcta prestación dun servizo esencial para o funcionamento ordinario dos centros escolares. Así mesmo, de conformidade co artigo 28.2 da LCSP, procurarase a eficiencia na utilización dos fondos públicos, a axilización dos trámites administrativos e a incorporación de criterios que favorezan a concorrencia, a transparencia e a mellor relación calidade-prezo na contratación. En consecuencia, emítese pola Alcaldía, na súa condición de órgano de contratación, a presente memoria xustificativa e de necesidade, na que se analizan e fundamentan os seguintes aspectos: 1. Necesidade e obxecto do contrato. 2. Competencia municipal. 3. División do contrato en lotes. 4. Lotes reservados. 5. Duración do contrato e réxime de prórrogas. 6. Orzamento base de licitación, valor estimado do contrato e financiamento. 7. Procedemento de adxudicación e tramitación do expediente. 8. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional. 9. Criterios de adxudicación. A presente memoria servirá de fundamento para a tramitación do correspondente expediente de contratación, de conformidade co establecido nos artigos 28, 63.3.a) e 116 da LCSP. Finalmente, coa finalidade de impulsar a tramitación administrativa do expediente e garantir Concello de Ponteareas Xardíns da Xiralda s/n, Ponteareas. 36860 (Pontevedra). Tfno. 986640000. Fax: 986660647 76A5H5ZMHC9HRQHYRT23YWTM5 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 51 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.