Resolución de Alcaldía aprobación do expediente de contratación

Otros Documentos Ver licitación
DECRETO DE ALCALDÍA Vista a memoria xustificativa da necesidade de contratación e o informe de insuficiencia de medios municipais, nos que se acredita a necesidade de contratar o servizo de limpeza e desinfección de cinco centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Ponteareas. Vistos o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas que rexerán a contratación, mediante procedemento aberto, con tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada e dividido en cinco lotes, dos cales o lote 5 queda reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción. Considerando que o contrato terá unha duración de catro anos, sen prórroga ordinaria, cun orzamento base de licitación de 1.663.200,00 euros, IVE incluído, correspondente á totalidade da duración contractual, e un valor estimado de 1.374.545,45 euros, IVE excluído. De conformidade cos artigos 28, 116, 117, 122, 124 e 156 e seguintes da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e no exercicio das competencias atribuídas á Alcaldía pola disposición adicional segunda da citada lei, RESOLVO: PRIMEIRO. Aprobar o expediente de contratación número 7960/2026, relativo ao servizo de limpeza dos centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Ponteareas, mediante procedemento aberto, con tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada. SEGUNDO. Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas que rexerán a licitación, coa seguinte distribución en lotes:  Lote 1: CEIP Fermín Bouza Brey.  Lote 2: CEIP As Veigas.  Lote 3: CEIP Feliciano Barrera, de Guláns.  Lote 4: CEIP Santiago de Oliveira.  Lote 5: CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción, conforme á disposición adicional cuarta da LCSP. TERCEIRO. Aprobar o gasto plurianual correspondente ao contrato, por importe máximo de 1.663.200,00 euros, IVE incluído, para os catro anos de duración, cun importe anual estimado de 415.800,00 euros, IVE incluído, con cargo á aplicación orzamentaria 2027- 32000-2279933-01 e ás que correspondan nos exercicios posteriores. Dado o carácter anticipado da tramitación, a adxudicación quedará sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente, de conformidade coa normativa aplicable. CUARTO. Dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, ordenando a publicación do correspondente anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea e no perfil de contratante do Concello de Ponteareas, integrado na Concello de Ponteareas Xardíns da Xiralda s/n, Ponteareas. 36860 (Pontevedra). Tfno. 986640000. Fax: 986660647 OTERCED H5AMPKDJEGP73MFXCF7EEWJE4 :nóicadilaV .doC 6202/11/21 :ataD 2254-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.saeraetnop//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.