Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
XERENCIA MUNICIPAL DE CONCELLO SECRETARÍA URBANISMO DE VIGO JOSÉ VILLÁN FUERTES, SECRETARIO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO CERTIFICO: Que o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Excmo. Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 14/10/2025 acordou: 3. INCOACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DAS PARCELAS MUNICIPAIS PERTENCENTES AO PMS. EXPTE. 18291/407. Antecedentes: O 08/10/2025 a técnica de administración xeral, co conforme do xefe dos Servizos Centrais e do xerente de Urbanismo, emite o seguinte informe: “Redáctase o presente informe-proposta de conformidade co establecido na Lei 9/2017 de contratos do sector público, xunto co Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, e subscribindo, pola súa sinatura, a declaración de non estar incurso en posible conflito de intereses nos termos establecidos no modelo aprobado para o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (XMU) na súa sesión de data 3 de marzo de 2020. ANTECEDENTES Con data 08.10.2025 consta emitido, no expediente de referencia, informe sobre a necesidade e idoneidade da contratación esixido polo artigo 28 da LCSP, que literalmente di: “Á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (XMU) corresponde, entre as súas obrigas, o mantemento das parcelas sen edificar integrantes do Patrimonio Municipal do Solo (PMS), sobre as que ostenta funcións instrumentais e a titularidade fiduciaria conforme establecen os artigos segundo e vixésimo dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo na súa versión consolidada publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 193 de data 6 de outubro de 2010. Aos efectos de xustificar a necesidade e idoneidade, de conformidade co disposto no artigo 28 da LCSP, infórmase que, unha vez o departamento correspondente, determine as parcelas municipais pertencentes ao Patrimonio Municipal do Solo que requiren labores de mantemento por parte desta XMU, cómpre proceder á licitación do servizo de limpeza para levar a cabo a contratación do seu mantemento en correcto estado, coa finalidade de conservar as ditas parcelas en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público que a lexislación establece, evitando prexuízos as edificacións e terreos lindeiros. A necesidade desta contratación xa foi recollida nos anteriores Plans Anuais de Contratación da XMU, aprobados polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, manténdose actualmente a necesidade de resolver o seu mantemento. Tanto a LCSP como as Bases de execución do Orzamento xeral do ano 2025, aprobado polo Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria celebrada o 23 de decembro de 2024, con carácter definitivo, xunto co seu organismo autónomo XMU, a Instrución 1/2021 sobre os contratos menores no Concello de Vigo, os seus organismos autónomos e entidades do sector público municipal, sinalan que os contratos menores non poden ser utilizados para atender necesidades periódicas e permanentes da Administración, que polo seu carácter recorrente poderían satisfacerse mediante outros procedementos de contratación, tal e como é o suposto do obxecto da presente. Co dito contrato, incardinable no contrato administrativo de servizos segundo o previsto no artigo 17 LCSP, satisfaise a necesidade así como a racionalización do gasto, con maior control da súa xestión. AD ADAGELED

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.