Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO XERENCIA MUNICIPAL VIVENDA DE URBANISMO DE VIGO Expediente 18291/407 INFORME DA NECESIDADE E IDONEIDADE E INSUFICIENCIA DE MEDIOS NA CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DAS PARCELAS MUNICIPAIS PERTENCENTES AO PMS. O presente informe redáctase ao abeiro do esixido pola Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP), subscribindo, pola súa sinatura, a declaración de non estar incurso en posible conflito de intereses nos termos establecidos no modelo aprobado para o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo na súa sesión de data 3 de marzo de 2020. Á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (XMU) corresponde, entre as súas obrigas, o mantemento das parcelas sen edificar integrantes do Patrimonio Municipal do Solo (PMS), sobre as que ostenta funcións instrumentais e a titularidade fiduciaria conforme establecen os artigos segundo e vixésimo dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo na súa versión consolidada publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 193 de data 6 de outubro de 2010. Aos efectos de xustificar a necesidade e idoneidade, de conformidade co disposto no artigo 28 da LCSP, infórmase que, unha vez o departamento correspondente, determine as parcelas municipais pertencentes ao Patrimonio Municipal do Solo que requiren labores de mantemento por parte desta XMU, cómpre proceder á licitación do servizo de limpeza para levar a cabo a contratación do seu mantemento en correcto estado, coa finalidade de conservar as ditas parcelas en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público que a lexislación establece, evitando prexuízos as edificacións e terreos lindeiros. A necesidade desta contratación xa foi recollida nos anteriores Plans Anuais de Contratación da XMU, aprobados polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, manténdose actualmente a necesidade de resolver o seu mantemento. Tanto a LCSP como as Bases de execución do Orzamento xeral do ano 2025, aprobado polo Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria celebrada o 23 de decembro de 2024, con carácter definitivo, xunto co seu organismo autónomo XMU, a Instrución 1/2021 sobre os contratos menores no Concello de Vigo, os seus organismos autónomos e entidades do sector público municipal, sinalan que os contratos menores non poden ser utilizados para atender necesidades periódicas e permanentes da Administración, que polo seu carácter recorrente poderían satisfacerse mediante outros procedementos de contratación, tal e como é o suposto do obxecto da presente. Co dito contrato, incardinable no contrato administrativo de servizos segundo o previsto no artigo 17 LCSP, satisfaise a necesidade así como a racionalización do gasto, con maior control da súa xestión. ETNEREX | 71:51:11 5202/01/90 ) ZERIMAR ZELAZN 24 O :4 G 2 : N 1 A 1 U 5 J 2 0 ( 2 - / S 01 A / C 90 IM ) O O N L O E C U E R S E E U D G A IF D Z IV E IT D C N A A N E R D E R H O S IR O E L P R U A S C O E C S I O N J C ( E - T O :R M O S P IN O AB D R A U N I E S D A odanisa otnemucoD DF-J15DHB-6S5B51-52HCC4-54BE82-A2EB6A :VSC vsc/gro.ogiv.www ne elbacifireV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.