Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Praza do Alcalde Ramón José Souto González, s/n - 15500 Fene. (A Coruña) Tfno.: 981 492 707 Fax: 981 492 788 CIF.: P1503600G Estefanía Manteiga Lamas, secretaria do Concello de Fene, (A Coruña) CERTIFICO: Que a Xunta de Goberno Local na súa sesión extraordinaria do venres 17 de xullo de 2026, adoptou o seguinte acordo: “ 6. Aprobación, se procede, do expediente de contratación do contrato de servizos “Envellecemento activo, Proposta 2026/G006/000256 Consta no expediente a seguinte Proposta da alcaldía, que copiada di: “PROPOSTA DA ALCALDÍA Exp. 2026/G006/000256 APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZOS “ENVELLECEMENTO ACTIVO” O Concello de Fene precisa contratar o servizo de envellecemento activo que se presta todos os anos de forma periódica. Conforme ao artigo 116.4 LCSP xustifícanse os seguintes extremos desta contratación: a) A elección do procedemento de licitación: tramitarase mediante procedemento aberto simplificado ao tratarse dun contrato de servicios de valor estimado inferior aos 140.000 euros e non conta con criterios de adxudicación avaliables mediante un xuízo de valor que superen na súa ponderación o 25% do total (art. 159 LCSP) b) A solvencia deberá acreditarse conforme ao previsto nos artigos 86 e ss LCSP. c) Criterios que se terán en consideración para adxudicar o contrato, así como as condicións especiais de execución do mesmo: os criterios de adxudicación son proxecto do servizo, emprego de material funxible en papel reciclado, emprego de persoal con titulación máster ou posgrao en xerontoloxía e o prezo. Con estes criterios búscase unha mellor relación calidade-prezo, incorporando criterios sociais e medioambientais relacionados co obxecto do contrato tal e como estipula o artigo 1.3 LCSP ao valorarse o uso de materiais en papel que contribúen á sostibilidade do medio ambiente e a inclusión como condición especial de execución “a obrigación da empresa adxudicataria de contratar, no caso de novas contratacións, ben por razón de substitución de traballadores de persoal por calquera causa legal, ben no caso de novas contratacións que sexan necesarias para o correcto desenvolvimiento do contrato, a persoas pertencentes a calquera dos seguintes colectivos: parados; maiores de 45 anos; traballadores con diversidade funcional; colectivos desfavorecidos; inmigrantes; traballadores demandantes do seu primeiro emprego.”. Asemade requírese que o contratista observe: - as disposicións vixentes en materia laboral e de Seguridade Social e en especial os convenios colectivos do sector ou empresa correspondentes. -as disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo e prevención de Riscos Laborais. d) O valor estimado do contrato cunha indicación de todos os conceptos que o integran, incluíndo sempre os custos laborais se existisen: consta información de custes nos pregos do contrato. e) A necesidade da Administración á que se pretende dar satisfacción mediante a contratación das prestacións correspondentes; e a súa relación co obxecto do contrato, que deberá ser directa, clara e proporcional: con este servizo preténdese dotar do funcionamento necesario ao servizo de actividades socioeducativas e preventivas e de promoción social no tempo de lecer dirixidas a persoas maiores do Concello de Fene de conformidade coas competencias municipais en promoción da ocupación do tempo libre.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.