PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN “PRESTACIÓN DE SERVIZO DE ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DO CONCELLO DE FENE” 1. INTRODUCIÓN É obxecto do presente contrato a prestación do Servizo denominado: ”Prestación do servizo de actividades de dinamización no programa de envellecemento activo do Concello de Fene . Fundamentan normativamente o servizo as seguintes premisas: - Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia a través do artigo 13: “Os servizos sociais comunitarios específicos terán como función o desenvolvemento de: a) Programas e actividades para previr a exclusión social de grupos vulnerables de características homoxéneas e facilitar a súa inserción e normalización social. b) A atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión que se desenvolva a través de programas en medio aberto…” G-0 063 - Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. No artigo 26 establece 051 como unha función dos servizos sociais comunitarios específicos: a atención de persoas maiores en equipamentos e servizos que faciliten -P a súa socialización activa, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal. :.F .I.C 2- OBXECTIVO E DESCRICIÓN DO SERVIZO O servizo obxecto do contrato consiste na execución dun conxunto de actuacións nas que se conxuga o desenvolvemento da creatividade, o traballo do plano socioeducativo, emocional , a actividade física e o reforzo das capacidades intelectuais e de promoción social no tempo de lecer dirixidas a persoas maiores do Concello de Fene tendo en conta a perspectiva de xénero. obxectivos xerais: 1. Promover o envellecemento activo e saudable. 2. Axudarlles a entender e afrontar os cambios desta etapa. 3. Buscar a súa implicación e participación a nivel social. 4. Desenvolver e manter as súas capacidades mentais e físicas. 5. Retardar o deterioro cognitivo asociado ao paso do tempo. A Finalidade é promover a autonomía persoal, a socialización activa e a prevención da dependencia das persoas maiores do Concello de Fene. O fin último do programa é fomentar un avellentamento activo e saudable que xira en torno a dous eixes. O primeiro deles é a convivencia, non entendida unicamente como compartir o mesmo espazo físico, senón como interactuar, axudar a construír un espazo onde persoas de diferentes xeracións poidan vivir experiencias que as unen, as integran e as fan formar parte da mesma sociedade. O segundo eixo é a participación social. Durante todo o proxecto búscase a implicación activa de tódalas entidades parroquiais. Ofertaranse de forma itinerante nas oito parroquias da vila a través das entidades veciñais e culturais que representan a cada unha delas. Cada entidade poderá elixir tan so un dos talleres para realizar na súa parroquia, aínda que, cada persoa particular poderá inscribirse libremente nas actividades ás que desexe acudir independentemente da parroquia na que viva. As entidades sociais e as persoas a nivel individual demandan este servizo dirixido ao fomento da participación social das persoas maiores e da convivencia interxeracional; así coma á concienciación da necesidade de prepararse para un avellentamento satisfactorio dende a etapa da madurez que integra diferentes estímulos para garantir que ningunha área do cerebro quede inactiva e por conseguinte se manteña un cerebro vivo, plástico e conectado. 3. PERSOAS DESTINATARIAS DO SERVIZO

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.