Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
2026/ABS/000012 Certificación do acordo Raimundo González Carballo, Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra. Certifico: que a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 12.11.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 2.- SERVIZO DE DETERMINACIÓN E CUANTIFICACIÓN DE DROGAS E ALCOHOL E MOSTRAS DE FLUÍDO ORAL, SANGUE OU PLASMA. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE. 2026/ABS/000012. Examinado o expediente do contrato de servizos que se menciona na parte dispositiva deste acordo, resultan relevantes os seguintes feitos: 1.- Elaborouse o prego de prescricións técnicas do contrato de servizos mencionado na parte dispositiva deste acordo. 2.- A Concelleira da área de promoción da igualdade, do benestar, da saúde e da economía acordou o inicio deste procedemento. 3.- Formulouse o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán este procedemento aberto. 4.- Emitiuse o informe preceptivo do Secretario do Pleno (por delegación da Asesoría Xurídica). Fundamentos xurídicos Primeiro.- O artigo 131 da LCSP establece que o procedemento aberto constitúe un dos procedementos ordinarios para adxudicar os contratos, e en consecuencia pode acudirse a este procedemento neste caso. Así mesmo, deberá publicarse anuncio de licitación no perfil do contratante do Concello de Pontevedra. Segundo.- O prego de cláusulas administrativas particulares que consta no expediente de contratación cumpre coas determinacións establecidas no artigo 122 da LCSP e nos apartados 2 e 3 do artigo 67 do regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por Real decreto 1098/2001, e nel se indica o réxime aplicable a este contrato. Terceiro.- A competencia para a aprobación do expediente de contratación así como dos pregos é da Xunta de Goberno Local de conformidade cos artigos 117 e apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP. Á vista do exposto, e unha vez incorporado ao expediente o correspondente certificado de existencia de crédito orzamentario ou documento que legalmente lle substitúe expedido pola oficina de contabilidade, e o preceptivo informe de fiscalización emitido pola Intervención Xeral Municipal, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda: Primeiro.- Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares (csv: W4VJXZCAVUDKXF52), o prego de prescricións técnicas particulares (csv: 66LBEGTTLNGLN5SW) e o expediente de contratación do contrato cuxos datos se mencionan a continuación: EXPEDIENTE DO CONTRATO DE SERVIZOS SERVIZO DE DETERMINACIÓN E CUANTIFICACIÓN DE DROGAS E ALCOHOL E MOSTRAS DE FLUÍDO ORAL, SANGUE OU PLASMA (2026/ABS/000012) ORZAMENTO 63.800,00 € IVE: 13.398,00 € 1 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:C46ZR4A67BB0JN0F

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.