rúa de Michelena, núm. 30, 1º
986 100 185 - 986 804 300
sede.pontevedra.gal
EXPEDIENTE: “SERVIZO DE DETERMINACIÓN E CUANTIFICACIÓN DE DROGAS
E ALCOHOL E MOSTRAS DE FLUÍDO ORAL, SANGUE OU PLASMA”
Nº DE EXPEDIENTE: 2026/ABS/000012
TRÁMITE: RESOLUCIÓN DE INICIO
RESOLUCIÓN DA CONCELLEIRA DA ÁREA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, DO BENESTAR, DA
SAÚDE E DA ECONOMÍA
Examinado a memoria xustificativa e informe de insuficiencia de medios promovendo o contrato que consta no
expediente indicado na cabeceira, no que se xustifica a natureza e extensión das necesidades a satisfacer así
como a idoneidade do obxecto e natureza do contrato para satisfacelas e a insuficiencia de medios nos termos
que esixe o artigo 28.1, 30 e 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, que se
asumen nesta resolución.
Considerando que está xustificada a necesidade de proceder a realizar un contrato de servizos para satisfacer
as necesidades expostas no informe mencionado.
Resultando, que a realización do contrato de servizos mencionado na cabeceira require acordo de inicio do
órgano de contratación, que no Concello de Pontevedra é a Xunta de Goberno Local de conformidade co
apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP, se ben a dita competencia para iniciar expedientes
delegouse nesta Concellería da Área de Promoción da igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía
mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 12 de febreiro de 2026.
Á vista do exposto, por delegación da Xunta de Goberno Local de data 12 de febreiro de 2026 RESOLVO:
Primeiro.- Acordar o inicio do expediente do contrato de servizos que se menciona na cabeceira desta
resolución e considerar xustificada a natureza e extensión das necesidades que se pretenden satisfacer no
contrato así como a idoneidade do obxecto e contido para satisfacelas.
“SERVIZO DE DETERMINACIÓN E CUANTIFICACIÓN DE
DROGAS E ALCOHOL E MOSTRAS DE FLUÍDO ORAL,
EXPEDIENTE DO CONTRATO SANGUE OU PLASMA”
2026/ABS/000012
ORZAMENTO 63.800,00 €
IVE 13.398,00 €
ORZAMENTO TOTAL 77.198,00 €
1 / 2
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:3CUFTIBRMSXSL4LF
PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO 2 ANOS
Segundo.- Que se proceda a incorporar ao expediente os documentos que correspondan ata a formalización
do contrato.
Pontevedra, na data que figura na sinatura electrónica.
2 / 2
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:3CUFTIBRMSXSL4LF
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.