LOTE 3. Certificado Mesa Contratación 10.04.2026. Revisión documentación acreditativa requisitos previos.

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> <!-- image --> Area / Unidade CONTRATACION CT0000 MRP Documento 4301AI0277 Expediente 430/2025/7 Código de verificación ²011X456V3Y0O5Z000GYA0» ²011X456V3Y0O5Z000GYA0» 011X 456V 3Y0O 5Z00 0GYA Data 17-04-2026 Asunto CERTIFICADO MESA DE CONTRATACION DO 10 DE ABRIL DE 2026. REVISION DE DOCUMENTACION ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS. CONTRATO DE SERVIZO DE CONSERXERÍA NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS DO CONCELLO, POR LOTES. Dona BEATRIZ GARCÍA DE CAMPO, xefa do Departamento do Servizo de Contratación e secretaria da Mesa de Contratación do Concello da Coruña, ## CERTIFICA: Que na Mesa de Contratación do 10 de abril de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo: ## 8. REVISIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS ## 8.1.- Licitación 430/2025/7 Lote 3 Contrato de servizo de conserxería nos edificios municipais do Concello, por lotes. ## Lote 3.- Benestar Social A Secretaria da Mesa informa aos membros da Mesa de Contratación que, segundo informe emitido polos técnicos do Servizo de Contratación tras a revisión da documentación acreditativa dos requisitos previos presentada, a licitadora proposta adxudicataria do lote 3 do contrato de servizo de conserxería nos edificios municipais do Concello, Atlantic Ponte 2000 S.L, cumpriu adecuadamente o requirimento no prazo concedido para o efecto e presentado de forma correcta a documentación xustificativa das circunstancias ás que se refire o artigo 140, apartado 1, letras a) a c) da Lei de Contratos do Sector Público, polo que os membros da Mesa acordan propoñer ao órgano de contratación a adxudicación do lote 3 desta licitación a favor de Atlantic Ponte 2000 S.L. E para que así conste, expido o presente certificado para os efectos oportunos e de incorporación ao expediente dixital do que trae causa. A Coruña, na data da sinatura dixital do presente documento. Visto e prace, O presidente suplente da Mesa, Director da Área de Administración Xeral A secretaria da Mesa, Xefa de Departamento do Servizo de Contratación Beatriz García de Campo Manuel Ángel Jove Losada