Lote 3. Certificado Mesa Contratación 13.03.2026. Adopción de acuerdos
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
<!-- image -->
Asunto
LOTE 3.CERTIFICADO MESA DE CONTRATACION DO 13 DE MARZO DE 2026. ADOPCION DE ACORDOS. CONTRATO DE SERVIZO DE CONSERXERÍA, POR LOTES, NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS DO CONCELLO.
Dona BEATRIZ GARCÍA DE CAMPO, xefa do Departamento do Servizo de Contratación e secretaria da Mesa de Contratación do Concello da Coruña,
## CERTIFICA:
Que na Mesa de Contratación do 13 de marzo de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:
## 1. ADOPCIÓN DE ACORDOS
## 1.1. - Licitación 430/2025/7 Lote 3
Contrato de servizo de conserxería, por lotes, nos edificios municipais do Concello.
## Lote 3. Benestar Social
Expón a Secretaria da Mesa que na sesión da Mesa de Contratación celebrada o día 23 de xaneiro de 2026, acordouse, por unanimidade, propoñer a Osventos Innovación en Servizos S.L, como licitador mellor valorado e por axustarse a súa proposta ao esixido nos pregos reitores desta contratación, elevar esta proposta ao órgano de contratación, e que, unha vez aceptada, se requira a este licitador, para que presente a documentación acreditativa dos requisitos previos, segundo o previsto no artigo 150.2 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, nun prazo máximo de 10 días hábiles.
Unha vez requirido para a achega da documentación acreditativa dos requisitos previos e finalizado o prazo en data 10 de marzo de 2026, compróbase que o licitador Osventos Innovación en Servizos S.L. non presentou a documentación requirida segundo o previsto no artigo 150.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o que se verifica mediante consulta desta licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público:
<!-- image -->
Os membros da Mesa acordan, por unanimidade, ao amparo do disposto no citado artigo 150.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público:
<!-- image -->
- 1º.- entender que o licitador Osventos Innovación en Servizos S.L. retira a oferta presentada e, en consecuencia, queda excluido da licitación.
- 2º.- de acordo coa clasificación das ofertas efectuada pola Mesa en sesión de 23 de xaneiro de 2026, requirir a Atlantic Ponte 2000 S.L.U, como licitadora clasificada en segundo lugar neste procedemento, para os efectos de que proceda á remisión da documentación acreditativa dos requisitos previos, segundo o previsto no artigo 150.2 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, nun prazo máximo de 10 días hábiles.
E para que así conste, expido o presente certificado para os efectos oportunos e de incorporación ao expediente dixital do que trae causa.
A Coruña, na data da sinatura dixital do presente documento.
Visto e prace, O presidente suplente da Mesa, Director da Área de Administración Xeral
A secretaria da Mesa, Xefa de Departamento do Servizo de Contratación
Beatriz García de Campo
Manuel Ángel Jove Losada