Lote 2. Certificado Mesa Contratación 13.03.2026. Revisión documentación acreditativa requisitos previos
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
<!-- image -->
| Area / Unidade CONTRATACION MRP | Documento 4301AI01M3 | CT0000 |
|-------------------------------------------------------------------------------------------------|---------------------------------------|----------|
| Código de verificación ²3O4L0C2807656J1S19TR)» ²3O4L0C2807656J1S19TR)» 3O4L 0C28 0765 6J1S 19TR | Expediente 430/2025/7 Data 18-03-2026 | |
Asunto
LOTE 2. CERTIFICADO MESA DE CONTRATACION DO 13 DE MARZO DE 2026. REVISION DE DOCUMENTACION ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS. CONTRATO DE SERVIZO DE CONSERXERÍA, POR LOTES, NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS DO CONCELLO.
Dona BEATRIZ GARCÍA DE CAMPO, xefa do Departamento do Servizo de Contratación e secretaria da Mesa de Contratación do Concello da Coruña,
## CERTIFICA:
Que na Mesa de Contratación do 13 de marzo de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:
## 5. REVISIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS
## 5.5. - Licitación 430/2025/7 Lote 2
Contrato de servizo de conserxería, por lotes, nos edificios municipais do Concello.
## Lote 2. Emprego e Empresa
A Secretaria da Mesa informa aos membros da Mesa de Contratación que, segundo informe emitido polos técnicos do Servizo de Contratación tras a revisión da documentación acreditativa dos requisitos previos presentada, a licitadora proposta adxudicataria do lote 2 da licitación do contrato de servizo de conserxería nos edificios municipais do Concello, Eulen S.A, cumpriu adecuadamente o requirimento no prazo concedido para o efecto e presentado de forma correcta a documentación xustificativa das circunstancias ás que se refire o artigo 140, apartado 1, letras a) a c) da Lei de Contratos do Sector Público, polo que os membros da Mesa acordan propoñer ao órgano de contratación a adxudicación do lote 2 desta licitación a favor de Eulen S.A.
E para que así conste, expido o presente certificado para os efectos oportunos e de incorporación ao expediente dixital do que trae causa.
A Coruña, na data da sinatura dixital do presente documento.
Visto e prace, O presidente suplente da Mesa, Director da Área de Administración Xeral
A secretaria da Mesa, Xefa de Departamento do Servizo de Contratación
Beatriz García de Campo
Manuel Ángel Jove Losada