Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
[Escriba aquí] INFORME INSUFICIENCIA DE MEDIOS EN CONTRATOS DE SERVIZOS EXPEDIENTE: 832/2026 DENOMINACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZOS: “SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ NA AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DE BALEIRA, CASTROVERDE E O CORGO”. O Concello do Corgo, en agrupación cos concellos de Baleira e Castroverde, purxo en marcha, no ano 2022, o servizo de atención temperá, servizo que ten continuidade denque aquel ano, tratándose dunha actuación subvencionada pola Consellería de Política Social a través das ordes de subvencións convocadas para este fin. Neste ano 2026, o concello, ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2026-2028, solicitou a continuidade da subvención dentro do prazo establecido, concretamente, o 9 de setembro deste ano, co nº de rexistro de entrada 2026/2614734 con destino á Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade, estando pendente ao día de hoxe a resolución pola que se concede a financiación correspondente ás anualidades que se pretenden contratar. Dende o inicio da prestación deste servizo, no ano 2022, o Servizo de Atención Temperá vén prestándose a través dun contrato de servizos cunha empresa externa, trala tramitación dos correspondentes procedementos de licitación. Conforme ao disposto no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do Sector Público (en adiante LCSP), cando sexa necesario celebrar un contrato de servizos, previamente deberase xustificar axeitadamente no expediente a insuficiencia de medios. A necesidade da contratación derívase de que non existe persoal propio no Concello suficiente paradar cobertura a este servizo, xa que carécese dun cadro de persoal que poida asumir a xestión do SAT de xeito directo, é dicir, non se dispón do persoal técnico necesario para formar o equipo técnico interdisciplinar integrado por un/ha pedadogo/a, un fisioterapeuta e un logopeda, persoal que deberá estar especializado en desenvolvemento Página 1 de 2 JNW9RZG3JY63ERAZ3J2MSAFM9 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.ogrocodollecnoc//:sptth :nóicacifireV 2 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD [Escriba aquí] infantil o u atención temperá e cumprir os demais requisitos establecidos na orde da convocatoria. Dada esta insuficiencia de medios, considérase necesario a tramitación dun contrato de servizos cunha empresa externa que poida prestar o apoio solicitado dunha forma áxil e solvente. O ALCALDE, Felipe Labrada Reija Página 2 de 2 JNW9RZG3JY63ERAZ3J2MSAFM9 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.ogrocodollecnoc//:sptth :nóicacifireV 2 ed 2 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD