Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
MARCO ANTONIO GARCÍA-GABILÁN SANGIL, LICENCIADO EN DEREITO E SECRETARIO DO CONCELLO DO CORGO, CERTIFICO: Que na sesión do Pleno do Concello, celebrada o día 2 de outubro de 2026, adoptouse, entre outros, o seguinte acordo, que literalmente di: “3. Contratación: aprobación do expediente de contratación, polo procedemento aberto, do Servizo de Atención Temperá na agrupación de concellos de Baleira, Castroverde e O Corgo. Dáse conta da memoria da alcaldía, que literalmente di: “MEMORIA O Concello do Corgo, ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá nos anos 2026-2028, solicitou unha axuda para a continuación da prestación do servizo de atención temperá na agrupación de concellos de Baleira, Castroverde e O Corgo. A orde de convocatoria recoñece “ao ámbito municipal como idóneneo paa o desenvolvemento deste servizo social comunitario específico, pola proximidade á cidadanía e coñecemento da situación específica da poboación”. O Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e a súa financiación, establece, no seu Art. 26, apartado d), como funcións propias a atención á discapacidade a través de centros ocupacionais, así como o apoio psicosocial e familiar vinculado á atención temperá, calificando esta como prioritaria. De conformidade coa finalidade pretendida pola orde de convocatoria, isto é, a de consolidar os servizos de atención temperá existentes subvencionados en convocatorias de anos anteriores, o concello pretende continuar coa prestación deste servizo de protección de menores mediante a detección precoz, a valoración, intervención e avaliación, a identificación dos trastornos de desenvolvemento, e elaboración e seguimento do plan personalizado de DD3XXC3D2M6W9XZZQ3KTAFFA6 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.ogrocodollecnoc//:sptth :nóicacifireV 4 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD intervención coa coordinación dos recursos dos servizos sociais, educativos e sanitarios relacionados cos procesos referidos, cuxa regulación ven contemplada no Decreto galego 183/2013, de 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá. O concello ten que acudir á contratación externa para dotar dun equipo interdisciplinar composto por un pedagogo, un fisioterapeuta e un logopeda, á vista de que non dispón de medios persoais nin materiais para a prestación deste servizo social comunitario específico. Para isto elaborouse un prego de cláusulas administrativas particulares e un prego de prescricións técnicas adecuadas á lexislación vixente. O procedemento de adxudicación é aberto con varios criterios de adxudicación. Conforme ao artigo 145 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, establécense os criterios de adxudicación do contrato, co fin de elexir a mellor relación calidade-prezo. Un deles, é o prezo e o outro son as melloras que os licitadores ofrezan ao concello, en concreto, os servizos que complemente o obxecto do contrato mediante a achega de ata un máximo de 100 horas de dous profesionais: un psicólogo e un educador social. O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, aclarou e matizou a doutrina sobre as melloras e a súa utilización como criterio de adxudicación —a

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.