Lote 2. Certificado Mesa Contratación 18.09.2026. Revisión documentación acreditativa requisitos previos.

Otros Documentos Ver licitación
Area / Unidade Documento CONTRATACION CT0000 4301AI05KZ MRP Código de verificación Expediente DPE/2026/43 ²181E0V2G4G1M3V2A0RO8W» ²181E0V2G4G1M3V2A0RO8W» Data 25-09-2026 181E 0V2G 4G1M 3V2A 0RO8 Asunto LOTE 2. CERTIFICADO MESA DE CONTRATACION DO 18 DE SETEMBRO DE 2026. REVISION DE DOCUMENTACION ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS. CONTRATO DO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A DIRECCIÓN FACULTATIVA E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO EDIFICIO DESTINADO A AULA INFORMÁTICA E BIBLIOTECA EN PALAVEA. Dona BEATRIZ GARCÍA DE CAMPO, xefa do Departamento do Servizo de Contratación e secretaria da Mesa de Contratación do Concello da Coruña, CERTIFICA: Que na Mesa de Contratación do 18 de setembro de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo: 8. REVISIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE REQUISITOS PREVIOS 8.1.- Licitación DPE/2026/43 Lote 2 Contrato do servizo de asistencia técnica para a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde para a construción do novo edificio destinado a aula informática e biblioteca en Palavea. Lote 2: Dirección de execución da obra A Secretaria da Mesa informa aos membros da Mesa que, segundo informe emitido polos técnicos do Servizo de Contratación tras a revisión da documentación acreditativa dos requisitos previos presentada, a licitadora proposta adxudicataria do lote 2 da licitación do contrato de servizo de asistencia técnica para a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde para a construción do novo edificio destinado a aula informática e biblioteca en Palavea, Applus Norcontrol S.L.U, cumpriu adecuadamente o requirimento no prazo concedido para o efecto e presentado de forma correcta a documentación xustificativa das circunstancias ás que se refire o artigo 140, apartado 1, letras a) a c) da Lei de Contratos do Sector Público, polo que os membros da Mesa acordan propoñer ao órgano de contratación a adxudicación do lote 2 desta licitación a favor de Applus Norcontrol S.L.U. E para que así conste, expido o presente certificado para os efectos oportunos e de incorporación ao expediente dixital do que trae causa. A Coruña, na data da sinatura dixital do presente documento. Visto e prace, A secretaria da Mesa, O presidente suplente da Mesa, Xefa de Departamento Director da Área de Administración Xeral do Servizo de Contratación Beatriz García de Campo Manuel Ángel Jove Losada Concello da Coruña - Plaza de María Pita 1 - 981 184 200 - A Coruña 1/1