Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
EXP. 2155/2026: 18/2026 CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE APOIO TÉCNICO E CONSULTORÍA NA ANÁLISE E DIAGNOSTICO DA PLANTILLA DE PERSOAL, ASÍ COMO NO DESEÑO, ELABORACIÓN E ASISTENCIA NA IMPLANTACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT) DO CONCELLO E TERRA ASUNTO: INCOACIÓN DO EXPEDIENTE RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA A Relación de Postos de Traballo constitúe o instrumento técnico de ordenación do persoal das administracións públicas, a través do cal se determina a estrutura organizativa da entidade, a definición, características e funcións dos distintos postos de traballo, así como a súa correspondente valoración e encadramento organizativo, de acordo coa normativa vixente en materia de función pública. Neste sentido, o artigo 74 do Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público establece que as administracións públicas estruturarán a súa organización a través de relacións de postos de traballo ou outros instrumentos organizativos similares que comprenderán, polo menos, a denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os sistemas de provisión e as retribucións complementarias. A día de hoxe, nin o Concello de Sanxenxo nin o Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo contan cunha relación de postos de traballo, sendo necesaria a súa elaboración. Neste contexto, inícianse as labores preparatorias polos técnicos municipais e o 11 de marzo de 2026 o técnico de Recursos Humanos e Persoal emitiu informe xustificativo da insuficiencia de medios vinculado á contratación do servizo de elaboración da Relación de Postos de Traballo do Concello de Sanxenxo e do O.A. Terra de Sanxenxo, no que se conclúe que “Á vista do anterior, é necesario acudir á contratación externa deste servizo, dado que os medios persoais do Concello e de Terra son insuficientes para o desenvolvemento das labores de análise e elaboración da RPT”. Na mesma data, en cumprimento do disposto no artigo 28.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o alcalde asinou a memoria xustificativa da necesidade e idoneidade do contrato. O 15 de setembro de 2026 a secretaria accidental do Concello de Sanxenxo emitiu informe sobre o alcance do servizo a contratar, concluíndo que considera necesario delimitar o alcance da contratación que se pretende levar a cabo que non pode ser a elaboración por unha empresa privada da RPT substituíndo así a potestade de autoroganización da Administración municipal, senón que o servizo que se contrate debe ser o de asistencia externa puntual e especializada para a realización de traballos especializados tales como estudos organizativos, análise de información, elaboración de cuestionarios e fichas, apoio na valoración de postos, aplicación de metodoloxías e preparación de documentos técnicos ou propostas de traballo. O técnico de Recursos Humanos e Persoal emitíu informe xustificativo da Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, 1, Sanxenxo. 36960 (Pontevedra). Tfno. 986720075. Fax: 986721022 NOICULOSER DTJQWHQ5D232K5F3NADRQDWZF :nóicadilaV .dóC 6202/90/61 :ahceF 7103-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 2 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.