EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 18/2026 (ELECTRÓNICO Nº 2155/2026) -
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE APOIO TÉCNICO E CONSULTORÍA NA
ANÁLISE E DIAGNOSTICO DA PLANTILLA DE PERSOAL, ASÍ COMO NO
DESEÑO, ELABORACIÓN E ASISTENCIA NA IMPLANTACIÓN DA
RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT) DO CONCELLO E TERRA
ASUNTO: APROBACIÓN DO EXPEDIENTE E DO GASTO.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Dada conta do expediente para a contratación do “Servizo de apoio técnico e
consultoría na análise e diagnostico da plantilla de persoal, así como no
deseño, elaboración e asistencia na implantación da Relación de Postos de
Traballo (RPT) do Concello de Sanxenxo e do Organismo Autónomo Terra”, e
visto o informe emitido pola secretaría xeral o 27 de outubro de 2026 e o
informe de fiscalización previa á aprobación do expediente e do gasto,
subscrito polo interventor xeral o 29 de outubro de 2026, esta alcaldía, no uso
das súas atribucións, RESOLVE:
Primeiro.- Aprobar o expediente para a contratación do “Servizo de apoio
técnico e consultoría na análise e diagnostico da plantilla de persoal, así como
no deseño, elaboración e asistencia na implantación da Relación de Postos de
Traballo (RPT) do Concello de Sanxenxo e do Organismo Autónomo Terra” cun
orzamento base de licitación de 49.724,07 € e cun valor estimado de 41.094,27
€, mediante procedemento aberto, contrato que non se encontra suxeito a
regulación harmonizada, de conformidade co sinalado nos arts. 19 e 20 da Lei
9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público (en diante LCSP), e
por tramitación ordinaria.
Segundo.- Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP),
que consta de 23 cláusulas e 4 anexos.
Terceiro.- Aprobar o gasto polo importe de 49.724,07 €, orzamento base de
licitación do contrato, con cargo á aplicación orzamentaria 91201/22706 -
Estudos e traballos técnicos do orzamento separado da Entidade Local –
documento RC nº de operación 3968, para o financiamento referido.
Cuarto.- Continuar a tramitación sucesiva do expediente coa publicación do
anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Sanxenxo a través
da Plataforma de Contratación do Sector Público.
En Sanxenxo, na data consignada na sinatura electrónica
O alcalde, Telmo Martín González
A secretaria acctal., María de los Ángeles Landín Iglesias
NOICULOSER
R7YDMSZ7NK5LX56CTL95LMX23
:nóicadilaV
.dóC
6202/01/03
:ahceF
0843-6202
:oremúN
/lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth
:nóicacifireV
1
ed
1
anigáP
|
anoitseG
ocilbuPse
amrofatalp
al
edsed
etnemacinórtcele
odamrif
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.