Informe de insuficiencia de medios

Otros Documentos Ver licitación
EXP. 2155/2026: 18/2026 CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ELABORACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE SANXENXO E DO O.A. TERRA DE SANXENXO De conformidade co disposto no artigo 116.4.f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o técnico que subscribe emite o presente informe coa finalidade de xustificar a necesidade de acudir á contratación externa para a realización dos traballos de elaboración dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) Do Concello de Sanxenxo e do OA Terra de Sanxenxo. A Relación de Postos de Traballo constitúe o instrumento técnico de ordenación do persoal das administracións públicas, a través do cal se determina a estrutura organizativa da entidade, a definición, características e funcións dos distintos postos de traballo, así como a súa correspondente valoración e encadramento organizativo, de acordo coa normativa vixente en materia de función pública. Neste sentido, o artigo 74 do Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público establece que as administracións públicas estruturarán a súa organización a través de relacións de postos de traballo ou outros instrumentos organizativos similares que comprenderán, polo menos, a denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os sistemas de provisión e as retribucións complementarias. Así mesmo, o artigo 90 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local dispón que as entidades locais formarán a relación de todos os postos de traballo existentes na súa organización, de acordo coa normativa básica sobre función pública. A elaboración dunha RPT require a realización dun proceso sistemático de análise organizativa, identificación e descrición de postos, avaliación e valoración dos mesmos e formulación dunha proposta estruturada de organización administrativa. Trátase, polo tanto, dun traballo de natureza técnica e organizativa que debe desenvolverse conforme a criterios de rigor metodolóxico, homoxeneidade na valoración e plena obxectividade. Debe terse en conta que a elaboración dunha RPT implica necesariamente a análise e valoración dos postos de traballo existentes dentro da propia organización municipal, podendo incidir na estrutura organizativa, nas funcións asignadas aos distintos postos e nas condicións organizativas e retributivas do persoal ao servizo da entidade. Neste contexto, resulta especialmente recomendable que os traballos de análise, avaliación e valoración dos postos sexan realizados por unha entidade externa especializada, co fin de garantir a máxima obxectividade, independencia técnica e neutralidade no desenvolvemento do proceso. A intervención dun terceiro alleo á estrutura organizativa municipal permite reforzar a imparcialidade do estudo organizativo, evitando eventuais situacións de conflito de intereses ou a percepción de falta de neutralidade na análise dos postos existentes. Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, 1, Sanxenxo. 36960 (Pontevedra). Tfno. 986720075. Fax: 986721022 9Y56GH3FK4MXMD2CDECHN94H5 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 2 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.