Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
EXP.2155/2026: 18/2026 CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ELABORACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE SANXENXO E DO O.A. TERRA DE SANXENXO ASUNTO: MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE E IDONEIDADE DO CONTRATO A regulación das relacións de postos de traballo está contida no artigo 74 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que dispón que “As Administracións Públicas estruturarán a súa organización a través de relacións de postos de traballo ou outros instrumentos organizativos similares que comprenderán, ao menos a denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os corpos ou escalas no seu caso a que estean adscritos, os sistemas de provisión e as retribucións complementarias”. Igualmente, o artigo 90.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local establece que “As Corporacións locais formarán a relación de todos os postos de traballo existentes na súa organización, nos termos previstos na lexislación sobre función pública”. O obxecto deste contrato é a elaboración da Relación de Postos de Traballo (en diante RPT) do Concello de Sanxenxo e do O.A. Terra de Sanxenxo (en diante Terra), que na actualidade carecen deste instrumento. A execución do contrato conlevará traballos de análise da situación actual do persoal, o desenvolvemento dunha descrición dos postos, unha valoración dos postos de traballo existentes e a confección dunha RPT, co fin de conseguir a optimización dos recursos humanos existentes no Concello de Sanxenxo e en Terra e unha xestión eficaz e áxil dos mesmos. A necesidade a satisfacer é dar cumprimento ao mandato legal de contar cunha RPT que facilite o exercicio dunha correcta política de persoal. De conformidade co establecido no artigo 116.4 f) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, en data 13 de marzo de 2026 o técnico de emprego e persoal asinou un informe xustificativo de insuficiencia de medios, no que conclúe que considera “xustificado que os traballos de elaboración da Relación de Postos de Traballo sexan realizados mediante a contratación dun servizo externo especializado, ao resultar esta opción a máis axeitada para garantir a obxectividade, independencia técnica, rigor metodolóxico e seguridade xurídica necesarios nun instrumento de planificación organizativa desta natureza”. Á vista dos antecedentes expostos e o obxecto da servizo, enténdese xustificada a necesidade da contratación do servizo. Todo o que se fai constar aos efectos do artigo 28.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público, referente á necesidade e idoneidade do contrato, debéndose incorporar a presente memoria no expediente de contratación. En Sanxenxo, na data da sinatura dixital Concello de Sanxenxo Rúa Madrid, 1, Sanxenxo. 36960 (Pontevedra). Tfno. 986720075. Fax: 986721022 JEWS9XJHRQKSAMWKMKDCA7367 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 1 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD