Informe de criterios de adjudicación

Otros Documentos Ver licitación
EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 18/2026 (ELECTRÓNICO Nº 2155/2026) - CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE APOIO TÉCNICO E CONSULTORÍA NA ANÁLISE E DIAGNOSTICO DA PLANTILLA DE PERSOAL, ASÍ COMO NO DESEÑO, ELABORACIÓN E ASISTENCIA NA IMPLANTACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT) DO CONCELLO E TERRA INFORME SOBRE A PLURALIDADE DE CRITERIOS E ATRIBUCIÓN DE PUNTUACIÓNS PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO De conformidade co establecido no artigo 116.4 c) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP), a técnica que subscribe procede a realizar o informe sobre a pluralidade de criterios e atribución de puntuacións para a adxudicación do contrato vinculado ao expediente do encabezamento. O obxecto do contrato é o servizo de apoio técnico e consultoría na análise e diagnostico da plantilla de persoal, así como no deseño, elaboración e asistencia na implantación da relación de postos de traballo (rpt) do Concello e do Organismo Autónomo de Terra. De conformidade co indicado na cláusula 2 do Prego de Prescripcións Técnicas, e elaboración destes instrumentos de ordenación do persoal comportará a entrega ao Concello de Sanxenxo de toda a documentación xerada, dos instrumentos técnicos utilizados durante a execución dos traballos, así como o resto dos arquivos e/o ficheiros dixitais xerados durante a súa confección. Así mesmo, a empresa que resulte adxudicataria actuará en calidade de asesor da entidade na fase de negociación colectiva e no conxunto do proceso. Na adxudicación deste contrato serán determinantes múltiples criterios e a súa elección xustifícase na procura dunha mellor calidade e unha maior eficacia na execución do contrato, buscando adecuar o obxecto do mesmo ás necesidades definidas pola Administración. Formúlanse, ademais, con pleno respecto aos principios de igualdade, non discriminación, transparencia e proporcionalidade e garantindo, en todo caso, a máxima concorrencia e liberdade de acceso. De acordo co artigo 145 da LCSP, a adxudicación realizarase utilizando unha pluralidade de criterios en base á mellor relación calidade-prezo e esta calcularase conforme a criterios avaliables mediante xuízo de valor e a criterios avaliables de forma automática e por fórmulas. Os criterios de adxudicación elixidos considéranse axeitados para a satisfacción do interese público tendo en conta as características do servizo a contratar, xustificándose a súa utilización ao estar directamente vinculados ao obxecto do contrato tal e como se establece no artigo 145.6 da LCSP e permitir unha adecuada selección do contratista en función da mellor oferta achegada. En canto á porcentaxe dos criterios relacionados coa calidade, a LCSP 1 4KQ6APE3TRSLQTMXAQJFWDXM6 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 6 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.