PCAP Simplificado Taraza a AC116.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXEN PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITACIÓN SIMPLIFICADA. OBRA: REPARACIÓN DE FIRME NA ESTRADA DE TARAZA Á AC-116 FINANCIADA CON CARGO A POS+AD 2/2026-1ª FASE I.- ELEMENTOS DO CONTRATO. 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO 1.1) Obxecto do contrato O presente contrato ten por obxecto a execución das obras contidas no proxecto: REPARACIÓN DE FIRME NA ESTRADA DE TARAZA Á AC-116 De data: XANEIRO 2026 Redactado por: MIGUEL A. FERNÁNDEZ RIVERA A obra executarase con suxeición ao proxecto técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde ou estudo básico de seguridade e saúde, de acordo co establecido no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co establecido no art. 4 do R.D. 105/2008. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste prego, polo que ten carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato Para os efectos deste prego e da LCSP están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras cuxo valor estimado sexa igual ou superior á cantidade que figura no art. 20.1 LCSP. Neste sentido nas epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato e estase suxeito ou non a regulación harmonizada. 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art 1.3 e concordantes LCSP os criterios sociais e ambientais son recollidos no presente prego de maneira transversal, en especial canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución, e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigas de pago de salarios así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación de persoas) e ambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), etc. 1.4) Principios De conformidade co art. 1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; e de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. /moc.onivodlavedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV Id6DOyb1izu/EiGFZXt3 :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.