Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1861742D NIF: P1503100H PROVIDENCIA DE INCOACIÓN DE EXPEDIENTE Vistos os seguintes feitos e antecedentes que fan necesario a incoación de oficio e tramitación do expediente por parte deste Servizo: - O Pleno municipal en sesión extraordinaria de data 28 de abril de 2026 aprobou a participación no “POS+ 2026” da Deputación Provincial da Coruña, e a inclusión no mesmo, entre outras, da execución no Plan da obra de “Renovación de prazas en Tierno Galván”, cun importe de 495.524,32 €. - O Pleno da deputación, na sesión ordinaria realizada o 29 de maio de 2026 aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2026, no que se inclúe o referido investimento co código 2026.2100.0030.0. - De acordo co sinalado na descrición do proxecto redactado con esta actuación dotarase a este ámbito dunha importante mellora ambiental, logrando con iso unha imaxe de calidade e identidade, ademais de resolver con eficacia os distintos requirimentos funcionais tanto para o tránsito de paso como para o seu uso cívico, destacando a posibilidade que facilitará para o paseo, a estancia e relación social, coexistencia entre diversos usos etc. As obras contidas neste proxecto repercutirán na mellora da seguridade viaria, a través da renovación dos pavimentos, supresión dos desniveis existentes entre as zonas de soportais e as prazas, eliminación das superficies de xogos infantís e renovación da iluminación. Por tanto, as obras propostas neste proxecto proporcionarán un espazo máis amplo e seguro para os veciños do barrio. De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; no Real decreto 203/2021, de 30 de marzo, que aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do Sector Público por medios electrónicos; a Ordenanza municipal reguladora da Administración Electrónica no Concello de Culleredo, e demais normativa específica de aplicación. De conformidade coas potestades e competencias municipais dos artigos 4, 7 e 25 e seguintes da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local (LBRL); as atribucións da Alcaldía do artigo 21.1 da LBRL; así como a Resolución nº 1260 de 7.07.2023 de delegación de atribucións de alcaldía en concelleiros/as da Corporación (BOP A Coruña nº 131 de 11.07.2023). DISPOÑO: PRIMEIRO.- Incoar expediente de contratación da obra “Renovación de prazas en Tierno Galván”, por importe de 495.524,32 IVE incluído (409.524,23€ de base e 86.000,09€ de 21% de IVE) e cun valor estimado do contrato por importe de 409.524,23€ (ao non haber modificacións previstas). De acordo co disposto polos artigos 131 e 145.3 LCSP, empregarase un único criterio de adxudicación (prezo), dado que o proxecto e o seu orzamento foron previamente definidos, sen que a execución da prestación sexa susceptible de ser mellorada por outras solucións técnicas nen por reducións no seu prazo de execución. Considerando que o valor estimado é igual ou inferior a 2.000.000 euros e que entre os criterios de adxudicación a empregar non haberá ningún avaliable mediante xuízo de valor, o procedemento a empregar será o aberto simplificado, de conformidade co artigo 159 LCSP. SEGUNDO.- Que se emitan os informes e se realicen os trámites administrativos que correspondan en cada caso conforme ao procedemento administrativo común –arts. 54 e seguintes da Lei 39/2015- e as directrices da Xefatura de Servizo tramitadora do expediente.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.