Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1861742D NIF: P1503100H MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CONTRATO: RENOVACIÓN DE PRAZAS EN TIERNO GALVÁN. POS + 2026 De conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP), emítese a presente memoria xustificativa: 1. Necesidade da administración que se pretende satisfacer Coa execución desta obra, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2026, preténdese dotara a este ámbito dunha importante mellora ambiental, logrando con iso unha imaxe de calidade e identidade, ademais de resolver con eficacia os distintos requirimentos funcionais tanto para o tránsito de paso como para o seu uso cívico, destacando a posibilidade que facilitará para o paseo, a estancia e relación social, coexistencia entre diversos usos etc. As obras contidas neste proxecto repercutirán na mellora da seguridade viaria, a través da renovación dos pavimentos, supresión dos desniveis existentes entre as zonas de soportais e as prazas, eliminación das superficies de xogos infantís e renovación da iluminación. Por tanto, as obras propostas neste proxecto proporcionarán un espazo máis amplo e seguro para os veciños do barrio. 2. Elección do procedemento de licitación. Prazo de execución Proponse a tramitación ordinaria do expediente de contratación, por procedemento aberto, utilizando un único criterio de adxudicación, de acordo co disposto polo artigo 131 LCSP. A Lei de contratos regula un procedemento, denominado aberto simplificado, coa vocación de converterse nun procedemento moi áxil, que polo seu deseño debería permitir que o contrato estivera adxudicado no prazo dun mes desde que se convocou a licitación. Este proceso de contratación está concibido para que a sua duración sexa moi breve e a tramitación moi sinxela, pero sen descoidar, a necesaria publicidade e transparencia no procedemento de licitación do contrato. Considerando que o valor estimado é inferior a 2.000.000euros e que entre os criterios de adxudicación previstos no prego non hai ningún avaliable mediante xuízo de valor, é posible utilizar o procedemento aberto simplificado (apartado 1 do artigo 159 LCSP). Prazo de execución: O establecido no proxecto de obra, 5 meses contados a partir do día seguinte ao da firma da Acta de Comprobación de Reformulo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo. 3. Clasificación esixida aos participantes En razón da contía do contrato de acordo co disposto polo artigo 77.1a) LCSP, non será esixible que os licitadores estean debidamente clasificados como contratista de obras. 4. Criterios de solvencia técnica ou profesional e económica e financeira Son os establecidos na cláusula 7 do PCAP aprobado como Prego Tipo de obrigada utilización ao estar incluída nos plans provinciais financiados pola Deputación provincial da Coruña. Os medios persoais e materiais mínimos dos que os contratistas deben dispoñer para a execución da obra; a clasificación da empresa contratista que fará proba bastante da súa solvencia (artigo 92 LCSP) así como a tarefas críticas que non poderán ser obxecto de subcontratación, debendo ser executadas directamente polo contratista principal (artigo 215.2

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.