Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Memoria xustificativa de contrato Renovación de beirrarúas e servizos na rúa Lugo e avenida Tomé Taboada en Santa Comba (POS+2026 AD2.a) Memoria xustificativa do contrato A publicar no Perfil de Contratante, artigo 63.3 a da LCSP Obra/investimento/Obxecto Renovación de beirrarúas e servizos na rúa Lugo e avenida Tomé Taboada en Santa Comba Plan/Convenio/Orde servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos).(Plan único de concellos) POS+ 2026. Plan Adicional 2/2026/2a Orzamento total 237638,45 € (21 % IVE engadido) Esta memoria xustificativa redáctase en cumprimento do artigo 116, (en relación co artigo 28), Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, (BOP núm. 272 do 09/11/2017), (en diante LCSP), e o artigo 73.2 do Real decreto 1098/2011, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (en diante RXLCAP), (BOE núm. 257 do 26/10/2001). 1.- Introdución A dispersión da poboación municipal en máis de 135 núcleos obrigou a crear unha malla de itinerarios cuxo acondicionamento e conservación é fundamental para manter o patrimonio viario. As vías de circulación vense sometidas a diversos factores como o tráfico rodado, as condicións meteorolóxicas ou o impacto de obxectos alleos a elas, entre outros. Isto xera unha tensión para o composto do firme, obrigando a desenvolver diversas patoloxías. A redución do déficit en servizos e equipamentos detectados na Enquisa de Infraestrutura e Equipamento Local é un dos obxectos primordiais do equipo de goberno. 1.1.- A descrición da situación actual. Situación. O proxecto desenvolverase en dous ámbitos urbanos diferenciados, correspondentes á rúa Lugo e a avenida Tome Taboada, situadas dentro da zona urbana do municipio. A rúa Lugo constitúe unha vía de carácter urbano, con beirarrúas dispostas a ambos os dous lados da calzada, que dan servizo directo a edificacións residenciais e a distintos usos urbanos. O ámbito de actuación comprende catro tramos de beirarrúa, con lonxitudes aproximadas de 46,80 m, 37,20 m, 28,50 m e 28,50 m, respectivamente. Pola súa banda, a avenida Tome Taboada é unha vía urbana de maior sección, que articula unha parte relevante do viario municipal. O ámbito de actuación esténdese ao longo de dous tramos principais de beirarrúa, con lonxitudes aproximadas de 93,90 m e 128,30 m, incluíndo espazos adxacentes vinculados ao viario que forman parte da contorna urbana inmediata. Páxina 1 de 20 )00:02:90 6202/11/90 :AHCEF( ariednaL ramoR otreblA ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.abmocatnas.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV ivckf4uUa9hczzHJTsdS :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.