Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
Expte.: 1037/2025 Acta da reunión da Mesa de Contratación do expediente tramitado para a contratación das obras de “renovación de pavimentos dedicados ao tráfico rodado na avenida da Mariña, en San Ciprián, Cervo. Data: 29 de setembro de 2026 Hora de comezo: 13.15 h Hora de remate: 13.45 h ASISTEN: Preside: Manuela Méndez Álvarez, 1ª tenente da Alcaldía. Vogais: María Eugenia Piñeiro Díaz, secretaria accidental Luís Rodriguez Prado, interventor José García Insua, tesoureiro Actúa como secretario da mesa de contratación, a efectos de levantar acta, o funcionario do Concello Diego García González. Trátase dun acto público. Reunida a Mesa de Contratación para a apertura das ofertas presentadas no expediente tramitado para a contratación das obras de renovación de pavimentos dedicados ao tráfico rodado na avenida da Mariña, en San Ciprián. O expediente tramitouse mediante procedemento aberto simplificado (art. 159.6 da LCSP). O orzamento base de licitación é de 215.669,36 € máis o 21% de IVE 45.290,57 €, para un total de 260.959,93 €. O anuncio de licitación publicouse na sede electrónica, Perfil de contratante e na Plataforma de Contratación do Sector Público o día 8 de setembro de 2026. As empresas que presentaron oferta para tomar parte no procedemento aberto simplificado despois da publicación do anuncio de licitación no Perfil de Contratante e na Plataforma de Contratación do Sector Público, rematando o prazo o 28 de setembro de 2026, son as seguintes: - Construcciones Cazás, SL - Construcciones Isidro Otero, SL - Ovisa Pavimentos y Obras, SLU A Mesa de Contratación procedeu á apertura do sobre electrónico das empresas ofertantes, comprobando que todas elas presentan toda a documentación segundo o Prego de 1 6EM47Q6FJJXEFTRLMZCDE4S25 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.ovrec//:sptth :nóiccerroC 2 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD Cláusulas Administrativas Particulares: índice, DEUC, Anexo V, Anexo VI, autorizacións do licitador e oferta técnica. A Mesa de Contratación, por unanimidade, ACORDA: Primeiro.- Admitir as ofertas presentadas. Segundo.- Darlle traslado da documentación á Oficina Técnica para que se proceda á súa valoración e á emisión do correspondente informe, no prazo non superior a sete días; posteriormente, levarase a efecto o acto público de apertura da oferta económica (sobre electrónico C). Sen máis, levantouse a Mesa de Contratación sendo as 13.45 horas do expresado día, do que o funcionario que actúa como secretario da Mesa de contratación levanta esta acta. A Mesa de Contratación Documento asinado electronicamente á marxe. 2 6EM47Q6FJJXEFTRLMZCDE4S25 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.ovrec//:sptth :nóiccerroC 2 a 2 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD