Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE TOURO (A CORUÑA) R.E.L. n.º 01150853 – C.I.F. P-1508600-B – MU 2000/196 EXPEDIENTE 2026/C003/000021. Contratación obra Renovación alumeado público na Parroquia de Loxo. POS+ Adicional 2026 (1ª fase). Trámite: informe xustificativo da conveniencia e necesidade de contratar a obra Renovación alumeado público nas Parroquias de Prevediños e San Miguel de Vilar incluída no POS+ 2026 (Achega 2025) I.- Actuacións preparatorias do contrato de obras (aprobación do proxecto). Artigos 231 e seguintes da LCSP Acordo plenario de data 5 de febreiro de 2026 de inclusión nos investimentos que integran o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+ 2026 – Plan Complementario da obra “Renovación do alumeado público na parroquia de Loxo”. Resolución de alcaldía num. 165/2026 de 11 de maio de participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 2/2026” da Deputación Provincial da Coruña, cuxas Bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, confirmando a aplicación da achega provincial asignada para o financiamento dos investimentos financeiramente sostibles que xa tiña incluídos no Plan Complementario ao POS+2026. Resolución da Deputación Provincial da Coruña de 13 de agosto de 2026 pola que se levantan as condicións e se aproba definitivamente o investimento denominado “Renovación alumeado público na parroquia de Loxo” do Concello de Touro, incluído no (POS+) 2026 Complementario, co código 2026.2102.0437.0 Circular de 17 de setembro de 2026 sobre a aprobación da 1ª fase do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2/2026. II.- Necesidade e idoneidade coa que se pretende dar satisfacción (artigos 1, 28 e 116 da LCSP) 1. Necesidade. En cumprimento do artigo 28 da LCSP, a natureza e extensión das necesidades que se pretenden cubrir mediante o contrato proxectado, xustifícanse na necesidade de renovar e mellorar as instalacións de alumeado público exterior de titularidade municipal existentes na parroquia de Loxo. Estas necesidades e a idoneidade das obras proxectadas para satisfacelas atópanse definidas detalladamente xunto co seu alcance, no proxecto. 2. Idoneidade. As obras proxectadas pretenden as seguintes actuacións: • Substitución das luminarias existentes de vapor de sodio (VSAP 70 W) por luminarias LED de 40 W con elevada eficiencia enerxética, fluxo adecuado a vial rural e capacidade de regulación. • Renovación dos cadros de mando, protección e medida, adecuándoos á normativa electrotécnica vixente. • Substitución das caixas de derivación estancas asociadas aos puntos de luz. • Reutilización dos apoios existentes de formigón, manténdose a súa localización e disposición actual. • Mantemento do trazado da rede, sen implantación de novas canalizacións nin redes subterráneas adicionais. • Execución de partidas auxiliares destinadas a reparacións puntuais na rede, consistentes en: -subministración e instalación de 1 brazo metálico para adaptación de luminarias -40 m de condutor RZ 2×6 mm2 para reposición de tramos en mal estado • Xestión e tratamento de residuos RAEE, conforme o RD 110/2015, derivados da retirada de equipos de iluminación obsoletos. /lag.oruot.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV IG/YiUX5I/WOH5kUsBuG :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.