pcap.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
EXPEDIENTE 2026/C003/000021. Contratación obra Renovación alumeado público na Parroquia de Loxo. POS+ Adicional 2/026 (1ª fase). Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán para contratar a obra “Contratación obra Renovación alumeado público na Parroquia de Loxo. POS+ Adicional 2/026 (1ª fase), mediante procedemento aberto simplificado (con pluralidade de criterios de adxudicación con aplicación de xuízos de valor e criterios de apreciación automática). I.-ELEMENTOS DO CONTRATO. 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO 1.1) Obxecto do contrato. O presente contrato ten por obxecto a execución das obras a que se refire a epígrafe 1 do cadro de características do contrato, con suxeición ao proxecto técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente Estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo básico de Seguridade e Saúde, de acordo co disposto no art. 4 do decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co previsto no art. 4 do RD 105/2008. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste Prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. Na execución deste contrato deberán observarse as determinacións de: - Resolución Axencia Galega de Infraestruturas, expediente IF204A/AC/2026/0140 1.2) Delimitación do contrato. Para os efectos do presente prego e da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado o presente contrato non está suxeito a regulación harmonizada, posto que esta modalidade aplícase aos contratos cuxo valor estimado é inferior á cantidade que figura no art 159 da LCSP, en relación co art 20 da citada norma. Neste sentido nos epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato. 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art. 1.3 e concordantes da LCSP os criterios sociais e ambientais están recollidos no presente prego de maneira transversal, en especial canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución, e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigacións de pago de salarios así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación persoal) e ambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), etc… 1.4) Principios. De conformidade co art. 1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; e de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. 2) PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN DO CONTRATO E TIPO DE LICITACIÓN. Sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que figura na epígrafe 3 do cadro de características do contrato, realizándose a mellora mediante baixa respecto deste. Entenderase por presuposto base de licitación o límite máximo de gasto que en virtude do contrato pode comprometer o órgano de contratación, incluído o imposto sobre o valor engadido, salvo

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.