decreto licitacion.pdf

Documento Adicional Ver licitación
CONTRATACIÓN E PATRIMONIO PFPD/edl Ref: Decreto licitación remodelación CS Milagrosa PAI LUGO NORTE Asunto: Contratación da obra de remodelación do centro social de A Milagrosa. Exp. ref. 2026/C002/000022 DECRETO Excma. Sra. Dona María Elena Candia López, alcaldesa presidenta do Excmo. Concello de Lugo. P.D da Xunta de Goberno Local (acordo 10/309 de 20.07.2026) Instruído o expediente relativo á CONTRATACIÓN DA OBRA DE REMODELACIÓN DO CENTRO SOCIAL DE A MILAGROSA COFINANCIADA NUN 60% POLA UNIÓN EUROPEA A TRAVÉS DO FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL (FEDER) NO MARCO DO PROGRAMA PLURIRREGIONAL DE ESPAÑA 2021-2027 DENTRO DA ESTRATEGIA DE DESARROLLO INTEGRADO LOCAL (PLAN EDIL) PAI “NOVO NORTE” CODIGO PROYECTO 25PAI0001. APROBACIÓN DO PROXECTO DE OBRA, DO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS, ASÍ COMO DO GASTO E APERTURA DO PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN. EXP. REF. 2026/C002/000022. Examinado o expediente de referencia e vistos: I.- Informe proposta do Servizo de Contratación e Patrimonio do 27 de outubro de 2026, co seguinte teor literal na parte expositiva: "ANTECEDENTES 1.- Proxecto de remodelación do centro social de A Milagrosa redactado polos arquitectos Marío Iglesias e Cristina Aguado e o enxeñeiro Rubén Cobas Fernández, de MONSA URBANISMO, o 9 de outubro de 2026. 2.- Acta de implantación previa e viabilidade física e xurídica da obra do 13 de outubro de 2026. 3.- Informe do Servizo de Arquitectura do 13 de outubro de 2026 de supervisión de proxectos. 4.- Informe da coordinadora do PAI "Novo Norte" maila titular da Unidade de Xestión do PAI do 19 de outubro de 2026 no que inclúe a xustificación do cumprimento dos requisitos de elixibilidade. 5.- Informe do enxeñeiro técnico industrial, do 11 de agosto de 2026, no que se impoñen determinados condicionamentos que deberán ser observados polo contratista: "- En obra deberase contar co servizo electromecánico para a supervisión dos traballo e resolver calquer duda ou incidencia. 1 CONTRATACIÓN E PATRIMONIO PFPD/edl Ref: Decreto licitación remodelación CS Milagrosa PAI LUGO NORTE Asunto: Contratación da obra de remodelación do centro social de A Milagrosa. Exp. ref. 2026/C002/000022. - Unha vez finalizadas as obras o contratista deberá facilitar Certificado da instalación eléctrica executada debidamente dilixenciado no organo competente da comunidade autónoma, incluído taxas, proxectos, certificados de DO, e inspeccións OCA. - A toma de terra deberá ser inferior a 37 Ohmios." 6.- Mandamentos contables da Tesoureira municipal do 20 de outubro de 2026 de retencións de crédito contabilizadas na aplicación orzamentaria 24100.60900, Código Proxecto 25PAI0001 Plan de actuación integrado de Lugo Novo Norte, RC 61901 por importe 299.980,25 euros (60% subvención) e RC 61902 por importe de 199.986,84 euros, así como CICD 61903 (préstamo 2026). 7.-Informe de necesidade asinado o 20 de outubro de 2026 pola xefa do Servizo de Benestar Social mailo tenente de alcaldesa delegado da Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación, así como de repercusión do contrato na estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. 8.- Informe de necesidade asinado o 23 de outubro de 2026 polo arquitecto municipal mailo tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo, con proposta de criterios de adxudicación e outras cuestións necesarias para a elaboración do prego de cláusulas administrativas, así

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.