Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Expte nº: 6799/2021 Procedemento: Contratacións Asunto: Remate de ampliación de paso superior e contención de terras no PK 161+500 da liña 810 de Adif, Os Valos, Redondela (Plan Máis Provincia 2025) Responsable: Contratación.mgm ACORDO DA ALCALDÍA Visto o proxecto técnico da obra de Remate de ampliación de paso superior e contención de terras no PK 161+500 da liña 810 de Adif, Os Valos, Redondela, redactado e asinado electronicamente con data 31.03.2025 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alberto Puig González, colexiado núm. 26494, e presentado na Oficina Auxiliar de Rexistro electrónico do Concello o mesmo día co núm. 2025-E-RE-2470 por Pablo González Figueroa en representación de Ingatec Proyectos y Estudios, SL (CIF núm. B36565794), que substitúe a outros dous anteriores, un de data 09.12.2021 que foi revisado e actualizado e outro de data 25.03.2025 que foi emendado para incorporar estudo xeotécnico segundo o indicado pola arquitecta municipal no informe emitido o día 27.03.2025 e para incorporar algunha modificación de tipo técnico, cun orzamento que ascende a 123.792,58 euros, máis IVE do 21% por importe de 25.996,44 euros, o que fai un total de 149.789,02 euros. Vista o informe emitido pola arquitecta municipal, de data 01.04.2025 e CV AAKX6XGCWS3M2Z225373WL5W2, no que se indica o seguinte: “(…) respecto das AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS PRECISAS, para a autorización do proxecto e a realización das obras, indícase o seguinte: • AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea): a actuación atópase dentro da zona de servidume aeronáutica do aeroporto do Vigo, polo que será precisa a autorización desta administración. • ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), pertencente ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible. A parcela obxecto do presente informe atópase dentro da zona de afección da infraestrutura ferroviaria, prevista no artigo 16.1 da Lei 38/2015, do 29 de setembro, do Sector Ferroviario, así coma no dominio público da mesma, polo que necesita autorización desta administración”. Vistas as autorizacións concedidas para a execución das obras pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea, mediante acordo que tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello o día 05.05.2025 co núm. 6185, e por ADIF mediante resolución de data 06.02.2026 cuxa notificación entrou no Rexistro Xeral do Concello o mesmo día co núm. 3416, e constando documento de concesión administrativa de ADIF de data 01.09.2017, para a ocupación do dominio público ferroviario sobre os terreos demaniais indicados no trazado definido e adxunto á mesma, para a execución da obra descrita tamén na mesma (150 m2 de dominio público), cunha duración da concesión de 75 anos e baixo as condicións económicas indicadas no propio documento, que tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello o día 08.09.2017 co núm. 13071. Lida a resolución da Alcaldía núm. 1711/2026 do 06.05.2026 pola que se aprobou o proxecto técnico da obra, previo informe emitido pola arquitecta municipal con data do 01.04.2025. Concedida mediante acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, A255LFQF3D93XGA5LEMJ3LYR4 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.alednoder//:sptth :nóiccerroC 4 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.