Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1700663H NIF: P1503100H MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CONTRATO REHABILITACIÓN E MELLORA DE FIRMES E PAVIMENTOS NA AVDA. FONTECULLER DENDE A GLORIETA DA URBANIZACIÓN 'A RÍA' ATA A GLORIETA DA POLICÍA LOCAL De conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP), emítese a presente memoria xustificativa: 1. Necesidade da administración que se pretende satisfacer O Concello necesita rehabilitar os firmes e pavimentos da Avenida Fonteculler (antiga estrada autonómica AC-211) entre a glorieta da urbanización “A Ría” (P.K.0+000) ata a glorieta da Policía Local (P.K.0+860) co obxectivo de lograr un espazo urbano de calidade, actuando tamén sobre as redes municipais, dotando as rúas de arborado e mellorando a seguridade viaria, prestando especial atención á eliminación de barreiras arquitectónicas. Ademais da mellora da accesibilidade, con estas actuacións perséguese o fomento do uso da bicicleta e/o vehículos de mobilidade persoal como un modo de transporte sostible, a través da priorización do tránsito peonil, ao incrementarse a superficie destinada aos peóns, o que favorecerá a diminución das emisións de dióxido de carbono á atmosfera e de gases de efecto invernadoiro. Doutra banda, a execución de novas plantacións repercutirá na mellora ambiental e estética da contorna. 2. Elección do procedemento de licitación. Prazo de execución. Proponse a tramitación ordinaria do expediente de contratación, por procedemento aberto simplificado, utilizando un único criterio de adxudicación. A Lei de contratos regula un procedemento, denominado aberto simplificado, coa vocación de converterse nun procedemento moi áxil, que polo seu deseño debería permitir que o contrato estivera adxudicado no prazo dun mes desde que se convocou a licitación. Este proceso de contratación está concibido para que a sua duración sexa moi breve e a tramitación moi sinxela, pero sen descoidar a necesaria publicidade e transparencia no procedemento de licitación do contrato. Considerando que o valor estimado é inferior a 2.000.000 de euros e que entre os criterios de adxudicación previstos no prego non hai ningún avaliable mediante xuízo de valor, ou, de habelos, a súa ponderación non supera o vintecinco por cento do total, é posible utilizar o procedemento aberto simplificado (apartado 1 do artigo 159 LCSP). Prazo de execución: O establecido no proxecto: 6 meses contados a partir do día seguinte ao da firma da Acta de Comprobación de Reformulo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo. 3. Clasificación esixida aos participantes En razón da contía do contrato, de acordo co disposto polo artigo 77.1a) LCSP, será esixible que os licitadores estean debidamente clasificados como contratista de obras. 4. Criterios de solvencia técnica o profesional e económica e financeira Son os establecidos na cláusula 7 do PCAP aprobado como Prego Tipo de obrigada utilización ao estar incluída nos plans provinciais financiados pola Deputación provincial da Coruña. Dado o importe da obra, para participar na licitación esíxese que o licitador estea clasificado. A clasificación esixida é a fixada polo redactor do proxecto de obra (artigo 133 RD 1098/2001). 5. Criterios de adxudicación e condicións especiais de execución

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.