Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1700663H NIF: P1503100H PROVIDENCIA DE INCOACIÓN DE EXPEDIENTE Vistos os seguintes feitos e antecedentes que fan necesario a incoación de oficio e tramitación do expediente por parte deste Servizo: - O Pleno municipal, en sesión extraordinaria de data 13 de maio de 2025, aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+2025” e a inclusión no Plan Complementario da obra “Rehabilitación e mellora de firmes e pavimentos na avda. Fonteculler dende a glorieta da urbanización 'A Ría' ata a glorieta da policía local”, cun importe de 826.998,49 €. - O Pleno da Deputación, na sesión ordinaria realizada o 30 de maio de 2025 en relación co acordo do 27 de xuño de 2025, aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2025 e o seu Plan Complementario, no que se inclúe, entre outros, o investimento, do Concello de Culleredo, denominado “Rehabilitación e mellora de firmes e pavimentos na avda. Fonteculler dende a glorieta da urbanización 'A Ría' ata a glorieta da policía local”, cun orzamento de contrata de 826.998,49 €. Unha vez aberto o correspondente prazo, por medio da resolución da alcaldía nº 1291 de 19 de xuño de 2025, confirmouse a aplicación ao POS+ Adicional 2/2025 da obra que xa se tiña incluído no Plan Complementario ao POS+ 2025. Mediante Resolución da Presidencia da Deputación número 45129 do 26 de setembro de 2025 considerouse aprobada a primeira fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2/2025 por maior achega provincial, incluindo a obra deste Concello Rehabilitación e mellora de firmes e pavimentos na avda. Fonteculler dende a glorieta da urbanización 'A Ría' ata a glorieta da policía local- - De acordo co sinalado na descrición do proxecto redactado polo enxeñeiro don Alejandro Peña López, con esta obra preténdese rehabilitar os firmes e pavimentos da Avenida Fonteculler (antiga estrada autonómica AC-211) entre a glorieta da urbanización “A Ría” (P.K.0+000) ata a glorieta da Policía Local (P.K.0+860), co obxectivo de lograr un espazo urbano de calidade, actuando tamén sobre as redes municipais, dotando as rúas de arborado e mellorando a seguridade viaria, prestando especial atención á eliminación de barreiras arquitectónicas. Ademais da mellora da accesibilidade, con estas actuacións perséguese o fomento do uso da bicicleta e/ou vehículos de mobilidade persoal como un modo de transporte sostible, a través da priorización do tránsito peonil, ao incrementarse a superficie destinada aos peóns, o que favorecerá a diminución das emisións de dióxido de carbono á atmosfera e de gases de efecto invernadoiro. Doutra banda, a execución de novas plantacións repercutirá na mellora ambiental e estética da contorna. De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; no Real decreto 203/2021, de 30 de marzo, que aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do Sector Público por medios electrónicos; a Ordenanza municipal reguladora da Administración Electrónica no Concello de Culleredo, e demais normativa específica de aplicación. De conformidade coas potestades e competencias municipais dos artigos 4, 7 e 25 e seguintes

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.